Saltar ao contido

Celia Johnson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCelia Johnson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de decembro de 1908 Editar o valor en Wikidata
Richmond, Reino Unido (mul) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte25 de abril de 1982 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Nettlebed, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaChurch of St Bartholomew, Nettlebed (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónRoyal Academy of Dramatic Art - Actuación (–1929)
St Paul's Girls' School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, actriz de teatro, actriz de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1939 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeRobert Peter Fleming (1935–1971), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosNicholas Peter Val Fleming, Kate Fleming, Lucy Fleming Editar o valor en Wikidata
PaisJohn Robert Johnson Editar o valor en Wikidata  e Ethel Griffiths Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteA historical dictionary of British women (en) Traducir, (p.248) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0424743 Allocine: 33307 Rottentomatoes: celebrity/celia_johnson Allmovie: p35792 TCM: 95636 TV.com: people/celia-johnson IBDB: 112137
BNE: XX1177174 Musicbrainz: b89184fa-6719-4c37-b370-6ecbac76f1f5 Discogs: 550674 WikiTree: Johnson-31196 Find a Grave: 6823375 Editar o valor en Wikidata

Dame Celia Elizabeth Johnson, nada en Richmond (Surrey) o 18 de decembro de 1908 e finada en Nettlebed (Oxfordshire) o 26 de abril de 1982, foi unha actriz inglesa de teatro, cinema e televisión[1] coñecida polos seus papeis nos filmes In Which We Serve (1942), This Happy Breed (1944), Breve encontro (1945) e The Captain's Paradise (1953). Foi candidata ao Óscar á mellor actriz por Breve encontro e recibiu seis candidaturas aos premios da BAFTA, gañando o de mellor actriz secundaria por The Prime of Miss Jean Brodie (1969).

Johnson comezou a súa carreira en 1928, e posteriormente acadou o éxito en producións do West End e de Broadway. Continuou a actuar no teatro o resto da súa vida e moito dos seus últimos traballos foron para a televisión.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e educación

[editar | editar a fonte]

Nada en Richmond, Surrey, e alcumada "Betty", Johnson foi a segunda filla de John Robert Johnson e Ethel (Griffiths) Johnson. A súa primeira actuación en público foi en 1916, cando apareceu nunha función caritativa de King Cophetua and the Beggar Maid para conseguir fondos para os soldados retornados da primeira guerra mundial.

Asistiu á St Paul's Girls' School de Londres entre 1919 e 1926 e tocou na orquestra da escola ás ordes de Gustav Holst. Actuou en producións escolares, pero non tiña máis experiencia na interpretación cando foi aceptada para estudar na Royal Academy of Dramatic Art en 1926, onde estaba na mesma clase que Margaretta Scott. Posteriormente pasou unha tempada en París, estudando con Pierre Fresnay na Comédie Française.[2] Posteriormente falou da súa escolla da carreira como actriz co comentario "pensei que me gustaría. Era a única cousa en que era boa. E pensei que podía ser bastante xenial".[3][4]

O seu debut teatral, e primeiro papel profesional, foi como Sarah en Major Barbara, de George Bernard Shaw no Theatre Royal de Huddersfield en 1928. Marchou a Londres o ano seguinte para ocupar o lugar de Angela Baddeley no papel de Currita en A Hundred Years Old, que foi interpretado no Lyric Theatre en Hammersmith. En 1930 Johnson interpretou Cynara con Sir Gerald Du Maurier e Dame Gladys Cooper. O ano seguinte realizou a súa primeira viaxe aos Estados Unidos.

Regresou a Londres, onde apareceu en certo número de producións menores antes de estabelecerse cunha carreira de dous anos en The Wind and the Rain (1933–35).[5] Casou co xornalista Peter Fleming en 1935, e en 1939 deu a luz o seu primeiro fillo.[5] A súa carreira teatral floreceu coas súas interpretacións de Elizabeth Bennet en Orgullo e prexuízo (1940) e da segunda señora de Winter en Rebecca (1940).

Durante a segunda guerra mundial, Johnson viviu coas súas irmás e cuñadas viúvas e axudounas a coidar dos sete fillos que tiñan entrambas. Incapaz de comprometer o seu tempo nunha xira longa dunha obra, Johnson preferiu o cinema e a radio, que ocupaban menos tempo,[4] o que permitía que dedicase máis tempo á súa familia e ao seu traballo no Women's Auxiliary Police Corps.[5] Apareceu en In Which We Serve (1942) e This Happy Breed (1944), ambas dirixidas por David Lean e escritas por Noël Coward.

Lean e Coward buscaron a Johnson para a súa seguinte produción, Breve encontro (1945). Aceptou o papel con dúbidas a causa das súas responsabilidades familiares, mais estaba interesada na personaxe, e chegou a escribir ao seu marido, "Non se pode fuxir do feito de que é un papel moi bo e un que me gustaría interpretar. Descubrinme a min mesma planeando como debería interpretar escenas e como debería dicir liñas..."[4][6] Drama romántico sobre unha ama de casa convencional de clase media que se namora dun médico que coñece na cafetería dunha estación de tren, o filme foi ben recibido e acabou por ser considerado un clásico. Johnson recibiu o New York Film Critics Circle Award á mellor actriz e foi candidata ao Óscar á mellor actriz.

Trala guerra, Johnson concentrouse na súa vida familiar, que incluía as súas fillas nadas en 1946 e 1947 e o seu traballo ocasional como actriz foi secundario na seguinte década.[5]

En 1952, estreou The Grass is Greener. En 1957 actuou con Ralph Richardson en The Flowering Cherry.[5] Como membro da National Theatre Company de Laurence Olivier, Johnson apareceu nas obras The Master Builder (1964) con Olivier e Hay Fever (1965), e posteriormente repetiu os papeis en producións televisivas.[5]

Falecemento

[editar | editar a fonte]

En 1982, estaba de xira con Sir Ralph Richardson con The Understanding, de Angela Huth e anunciárase a estrea da obra no West End. Un dos seus días libres, estaba na súa casa de Nettlebed, Oxfordshire xogando ao bridge cuns amigos, cando sufriu un ictus. Faleceu unhas horas máis tarde na súa casa.[4] Deixou unha fortuna valorada en 150 557 libras.[7]

Johnson recibiu un BAFTA á mellor actriz secundaria polo seu papel en The Prime of Miss Jean Brodie (1969). Foi nomeada Comandante da Orde do Imperio Británico (CBE) en 1958, "polos seus servizos ao teatro",[5] e ascendida a Dame Comandante (DBE) en 1981.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Johnson estivo casada con Peter Fleming dende 1935 e ata a morte de Fleming por un ataque cardíaco en 1971, mentres estaba nunha expedición de caza preto de Glencoe en Argyll, Escocia. Fleming era irmán do creador de James Bond, Ian Fleming.

Tiveron tres fillos:

  • Nicholas Peter Val Fleming (3 de xaneiro de 1939 – 9 de maio de 1995),[8] pasou a maior parte da súa vida no fogar familiar dos Fleming en Nettlebed, Oxfordshire, como granxeiro. Foi tamén xornalista e autor de novelas de suspense publicadas a finais da década dos sesenta e principios dos setenta, e dunha obra histórica de non ficción, August 1939. Dende principios da súa vintena viviu coa súa parella, Christopher Balfour, banqueiro mercantil.[9]
  • Kate Fleming (nada en 1946),[8] posteriormente Kate Grimond, casada con John Grimond, antigo editor para o estranxeiro da revista The Economist. Fleming é a autora de Celia Johnson: A Biography (1991).
  • Lucy Fleming (nada como Eve Lucinda Fleming, 15 de maio de 1947),[8] é actriz. Na década de 1970 interpretou a Jenny na serie apocalíptica da BBC Survivors. Está casada co actor e escritor Simon Williams.

Johnson distanciouse da súa carreira mentres os seus fillos eran novos, preferindo dedicar a súa atención á familia. Foi descrita como unha muller "sempre preparada para rir" e "maternal nun xeito ledo" e a súa filla declarou que adoitaba estar dividida entre o seu desexo de coidar da súa familia e a súa necesidade de involucrarse na "mecánica" da actuación.[4]

Placa azul por Dame Celia Johnson

O 18 de decembro de 2008, para conmemorar o centenario do seu nacemento, descubriuse unha placa azul na súa casa da infancia en Richmond. Entre os convidados á cerimonia estaban as súas fillas, Lucy Fleming e Kate Grimond. En The Times, Grimond destacou que a "traxedia do teatro" é que mesmo as mellores interpretacións bórranse da memoria, e que a reputación actual da súa nai descansa completamente na súa interpretación en Breve encontro. Grimond indicou que a chegada do vídeo permitira que o filme fose visto por un novo público, e os eloxios modernos que recibiu, considerándoo un clásico.[4]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe Notas
1941 A Letter from Home English Mother Curtametraxe documental
1942 In Which We Serve Mrs. Alix Kinross
1943 Dear Octopus Cynthia Tamén chamado The Randolph Family
1944 This Happy Breed Ethel Gibbons National Board of Review Award á mellor actriz
1945 Breve encontro Laura Jesson New York Film Critics Circle Award á mellor actriz
Candidata ao Óscar á mellor actriz
1950 The Astonished Heart Barbara Faber
1951 I Believe in You Matty Matheson Candidata ao BAFTA á mellor actriz
1952 The Holly and the Ivy Jenny Gregory
1953 The Captain's Paradise Maud St. James Candidata ao BAFTA á mellor actriz
1955 A Kid for Two Farthings Joanna
1957 The Good Companions Miss Trant
1969 The Prime of Miss Jean Brodie Miss Mackay Premio da BAFTA á mellor actriz secundaria
1973 Play for Today Mrs. Palfrey Episodio: "Mrs. Palfrey at the Claremont"
British Academy Television Award á mellor actriz
1978 Les Misérables Sister Simplice Telefilme
1980 The Hostage Tower Mrs. Wheeler Telefilme
Staying On Lucy Smalley Telefilme
Granada
Candidata ao British Academy Television Award á mellor actriz
1981 Celebrity Playhouse Mrs. Callifer Episodio: "The Potting Shed"
Candidata ao British Academy Television Award á mellor actriz
  1. Obituary Variety, 28 de abril de 1982.
  2. "Celia Johnson Biography". IMDb. Consultado o 1 de novembro de 2019. 
  3. Orixinal en inglés: "I thought I'd rather like it. It was the only thing I was good at. And I thought it might be rather wicked."
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Grimond, Kate (18 de decembro de 2008). "Growing up with a movie icon Celia Johnson as mum". The Times. Londres. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2011. Consultado o 4 de maio de 2009. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 "Blue plaque for actress Celia Johnson". English Heritage. 18 de decembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 7 de maio de 2009. Consultado o 3 de maio de 2009. 
  6. Orixinal en inglés: "There is no getting away from the fact that it is a very good part and one which I should love to play. I have found myself already planning how I should play bits and how I should say lines..."
  7. Douglas-Home 2004.
  8. 8,0 8,1 8,2 "The Peerage, Lt.-Col. Robert Peter Fleming". The Peerage. 21 de xaneiro de 2006. Consultado o 5 de maio de 2009. 
  9. Hope, Jonathan (9 de xuño de 1995). "OBITUARIES: Nichol Fleming". The Independent. Consultado o 5 de maio de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]