Caupolicán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XVI |
Morte | 1558 (Gregoriano) Cañete, Chile |
Causa da morte | pena de morte, empalamento |
Toqui | |
Datos persoais | |
Grupo étnico | Pobo mapuche |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Carreira militar | |
Rango militar | toqui |
Familia | |
Cónxuxe | Fresia |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Кауполикан) Appletons' Cyclopædia of American Biography |
Caupolicán (do mapuche pedra de cuarzo azul; por Kallfülikan),[1] finado no ano 1558,[2] foi un toqui ou dirixente militar dos mapuches, quen liderou a resistencia do seu pobo contra os conquistadores españois que invadiron o territorio do actual Chile durante o século XVI.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa principal esposa coñecida foi Fresia, tamén denominada Güeden ou Paca por outros autores.[3] O seu principal fillo era coñecido como Lemucaguin, tamén chamado como Caupolicán o Mozo.
Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Loitou dende novo contra os conquistadores españois logrando a liberdade do seu territorio. Foi elixido toqui (xefe militar) dos mapuches, sendo sucesor de Lautaro, aínda que Alonso de Ercilla salienta a súa elección antes, sendo o candidato secreto de Colo Colo para a condución da guerra. Ó parecer era membro dunha familia moi respectada na sociedade mapuche, pois el e os seus irmáns estaban sempre no núcleo de xefes que planificaba os movementos de guerra. De feito, Gerónimo de Vivar sinálao na batalla de Millarapue:
«Ó cabo foi desbaratada aquela tropa onde deu Rodrigo de Quiroga. Morreron cento vinte indios, entre os cales mataron sete principais e un irmán de Oteopolicán (Caupolicán), que non era menos belicoso».[4]
Ademais, sábase do seu fillo Lemucaguin.[5] O historiador Juan Ignacio Molina escribiu que o toqui en Quiapo era Caupolicán o Mozo, fillo do toqui Caupolicán.[6][7]
«Caupolicán era un varón de autoridade, grave e severo, duro e decidido, firme para manter as súas opinións e levar a cabo as súas empresas. Nacera chosco, e ese defecto, que daba á súa cara un aspecto feroz e un poco tétrico, non era demérito para a súa habelencia física...»[8]Fernando Alegría no seu libro Lautaro, joven libertador de Arauco
Os mapuches son un pobo que resistiu a conquista española do sur de Chile. Xunto con Lautaro foi un dos condutores dos araucanos nas guerras do século XVI. Cooperou con Lautaro na toma do forte Tucapel e na batalla de Tucapel, onde foi derrotado o exército conquistador e morre Pedro de Valdivia. O seu nome é símbolo da resistencia indíxena, a súa vida e feitos foron recollidos por Alonso de Ercilla —un dos capitáns de García Hurtado de Mendoza y Manrique— na súa obra épica La Araucana e Rubén Darío no seu poema Caupolicán.
Batalla de Lagunillas
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Batalla de Lagunillas.
Despois da morte de Lautaro, os mapuches quedaron sen un xefe digno que os guiase; isto evidenciouse no combate do Forte de San Luis, que non puido ser tomado, e na batalla de Lagunillas o 8 de novembro de 1557. Entón, unha crecente forza de 12 000 mapuches ó mando de varios toquis —entre eles, os caciques Lincoyán e Galvarino— atacou unha poderosa forza realista ó mando de García Hurtado de Mendoza. Ó pasar polo río Biobío, proveniente de Concepción, García traía unha forza de 600 soldados ben armados e uns 1500 yanaconas, que foron arremetidos por esta forza mapuche nuns boedos, chamados «lagunillas».
O ataque foi desorganizado, e malia a gran diferenza numérica, os mapuche foron derrotados nunha brutal loita corpo a corpo, deixando no campo centos de mortos e feridos e 150 prisioneiros. Entre estes prisioneiros estaba un dos toquis: Galvarino. García de Hurtado y Mendoza, ordenou como escarmento, mutilar a man dereita e o nariz dos prisioneiros. Galvarino non só colocou a súa man dereita para que lle fose amputada, senón que colocou tamén a outra diante do seu verdugo e ámbalas dúas foron amputadas antes de ser liberado. Esta forma de escarmento lograba anoxar e endurecer aínda máis ós mapuches fronte os usurpadores do seu territorio.
Escolla de Caupolicán como toqui
[editar | editar a fonte]Despois destas derrotas, os mapuches reuníronse nun gran consello na serra de Pilmaiquén. Este consello tiña por obxectivo unificar nun só mando as forzas mapuches, coa escolla dun toqui. Caupolicán foi elixido pola súa gran fortaleza física e valentía. Era de rostro severo e chosco dende a nenez. Segundo contan as tradicións, Caupolicán tivo que demostrar a súa forza perante os caciques, entre os que se encontraban Tucapel e Rengo, presididos por Colo Colo, sostendo un groso toro de árbore sobre os seus ombreiros durante dous días e dúas noites sen desmaiarse antes de ser elixido toqui; Caupolicán foi o vencedor entre outros candidatos tales como Paicaví, Lincoyán e Elicura. Alonso de Ercilla inmortalizaríao en La Araucana:
- Con un desdén y muestra confiada,
- asiendo el tronco duro y nudoso,
- como si fuera vara delicada,
- se lo pone en el hombro poderoso:
- la gente enmudecía maravillada
- de ver el fuerte cuerpo tan nervoso.
- El color a Lincoya se le muda
- poniendo en su victoria mucha duda.
- El bárbaro sagaz despacio andaba,
- y a toda prisa entraba el claro día;
- El sol las largas sombras acortaba,
- más él nunca decrece en su porfía:
- al ocaso la luz se retiraba,
- ni por eso flaqueza en él había;
- las estrellas se muestran claramente,
- y no muestra cansancio aquel valiente».
A finais do século XIX, o poeta nicaraguano Rubén Darío escribiu «Caupolicán», un dos sonetos aparecido no libro Azul... (1888), en cuxa escena mitifica a mencionada xesta do heroe.
- Es algo formidable que vio la vieja raza:
- robusto tronco de árbol al hombro de un campeón
- salvaje y aguerrido, cuya fornida maza
- blandiera el brazo de Hércules, o el brazo de Sansón.
- Por casco sus cabellos, su pecho por coraza,
- pudiera tal guerrero, de Arauco en la región,
- lancero de los bosques, Nemrod que todo caza,
- desjarretar un toro, o estrangular un león.
- Anduvo, anduvo, anduvo. Le vio la luz del día,
- le vio la tarde pálida, le vio la noche fría,
- y siempre el tronco de árbol a cuestas del titán.
- «¡El Toqui, el Toqui!» clama la conmovida casta.
- Anduvo, anduvo, anduvo. La aurora dijo: «Basta»,
- e irguióse la alta frente del gran Caupolicán.
Rubén Darío, Azul... (1888).
Batalla de Millarapue
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Batalla de Millarapue.
Despois da vitoria dos españois en Lagunillas, García internouse en territorio hostil na procura dunha batalla decisiva. As forzas invasoras acamparon en Millarapue, no interior da Araucania, o 29 de novembro. Os mapuches baixo o mando de Caupolicán tentaron un ataque por sorpresa no campamento inimigo no amencer do 30 de novembro. Coincidiu que ese día se celebraba entre os españois o Día de Santo André e sonou o toque das trompetas, o cal os mapuches interpretaron como alarma. Créndose descubertos, o ataque arruinouse. O número de atacantes era 15 000; entre eles Galvarino á fronte, amosando os seus dous brazos cortados. A batalla de Millarapue durou dende a maña até o mediodía do día seguinte, e Caupolicán dirixiuna montado nun cabalo branco. Finalmente, os mapuches foron rodeados polos flancos e a retagarda e saíron derrotados. Os españois estabeleceron o forte de Cañete, non moi lonxe de onde estivo emprazado o de Tucapel.
A batalla do forte de Cañete
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Batalla do forte de Cañete.
O 20 de xaneiro de 1558, os españois sufriron un ataque na cidade fortificada de Cañete, sendo rodeada e sitiada por máis de 15 000 mapuches. A idea de Caupolicán era deixar morrer de fame os sitiados. A situación fíxose moi crítica, xa que a saída a campo aberto era unha derrota segura para os españois; asemade, un ataque directo ó forte, co continxente hispano ben armado, implicaba unha gran cantidade de baixas entre os mapuches. Un yanacona proespañol chamado Andresillo (nome moi común, tal como Felipillo e outros rematados en -illo, dados ós yanaconas) ofreceuse para atraer ós mapuches mediante un engano cara ao forte. O plan consistía en facerse amigo dos atacantes, facéndose aparecer Andresillo como desertor dos españois; os mapuches creron neste personaxe e contoulles que a hora da sesta era a mellor para atacar desprevidos ós españois. El abriríalles as portas para atacar por sorpresa.
Caupolicán fixo comprobar a veracidade do argumento de Andresillo ordenando introducir un espía no interior do forte. Alonso de Reinoso, capitán do forte xa previra a visita do espía e deu instrucións para que todos se fixeran os durmidos. O 5 de febreiro fixouse como data de ataque. Andresillo abriu as portas do forte e os mapuches introducíronse silandeiramente. Cando xa case todos estaban no interior do forte, foron recibidos por descargas de fusilería que provocaron unha gran mortandade entre os atacantes, quen escaparon en desbandada; Caupolicán puido fuxir grazas a que aínda non chegara a cabalaría española á zona de combate. Para cando esta chegou, as tropas mapuches xa se retiraran as montañas e os españois saíron a perseguilos.
Morte de Caupolicán
[editar | editar a fonte]Mentres aínda se retiraban os mapuches superviventes, unha avanzada ó mando de Pedro de Avendaño chegou a Pilmaiquén, e na batalla de Antihuala (5 de febreiro de 1558) capturou a Caupolicán, quen preparaba unha contraofensiva. Segundo Ercilla, cando era conducido atado por un piquete cara ao forte de Tucapel, saiulle ó paso unha muller mapuche, de nome Fresia, cun meniño no colo; era fillo do derrotado toqui. A muller reprochoulle o feito de terse deixado capturar vivo; guindoulle o seu fillo ós pés e marchou. A marcha continuou o seu rumbo en silencio.[9] Foi levado perante o veterano Alonso de Reinoso, quen o condenou a morrer na pica, unha morte por empalamento. Cristóbal de Arévalo, Alguacil de campo, foi o encargado de executar a orde. Caupolicán foi subido e amarrado a unha tarima que tiña unha punta de madeira cortada en forma de pica no centro; Caupolicán, amosando gran serenidade, ollou á multitude de españois que o contemplaban e dixo:
«Pues el hado y suerte mía me tienen esta suerte aparejada, vean que yo la pido, yo la quiero, que ningún mal hay grande y es postrero».
Dito isto, alzou o pé dereito aínda coas amarras postas e deu unha gran patada ó verdugo, que rodou da tarima; feito isto, el mesmo sentou na pica e, sen dar ningunha mostra de dor, morreu por perforación intestinal. Galvarino tamén fora capturado e aforcado. Despois destes episodios, e por mor do prestixio familiar, Caupolicán o Mozo, o seu fillo máis vello, foi elixido líder militar, actuando na batalla de Quiapo (novembro de 1558).
Caupolicán, sen dúbida, foi un bravo guerreiro, aínda que non obtivo as vitorias nin posuía o xenio militar de Lautaro; as fazañas de ámbolos dous foron cantadas no poema épico La Araucana, de Alonso de Ercilla. Rubén Darío tamén lle dedicou un poema. Uns 40 anos despois ergueuse un novo liderado mapuche entre os que salientarían Pelantarú, Lientur e o mestizo Alejo. Actualmente, Caupolicán é recoñecido polas súas proezas, forza e intelixencia en todo Chile mediante o nomeamento de rúas, teatros, parques e monumentos na súa honra. Erradamente, crese que a estatua de bronce que se atopa no cerro Santa Lucía de Santiago é unha homenaxe ó toqui. O certo é que se trata dunha obra do escultor Nicanor Plaza, que a tradición popular chilena asociou con Caupolicán.
«Ha cambiado la historia para nosotros, claro. Los “libros oficiales” dicen que son otros los que la hicieron y la siguen haciendo por nuestros pueblos. Los héroes de esta historia, en un mundo “civilizado” en el que ya no debiera haberlos, son los invasores. Mas Caupolicán empalado, enfrentándolos, representa el suplicio de nuestro pasado, que entra ardiendo en nuestros corazones. Lautaro es el futuro que vislumbramos, detrás de la cortina del misterio y del compromiso, y que saldrá como la luz de nuestros ojos».
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Diccionario Mapuche-Castellano". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2014. Consultado o 12 de novembro de 2019.
- ↑ Caupolicán
- ↑ Fuentes, Jordi; Cortes, Lía (1966). Diccionario Histórico de Chile. Santiago: Editorial del Pacífico. p. 175.
- ↑ Traducido do orixinal:«Al fin fue desbaratada aquel haz donde dio el capitán Rodrigo de Quiroga. Murieron ciento veinte indios, entre los cuales mataron siete principales y un hermano de Oteopolicán (caupolicán), que no era menos velicoso»
- ↑ Diego de Rosales, Historia General del Reino de Chile, Flandes Indiano, Tomo II, Capítulo XXI
- ↑ The Geographical, Natural, and Civil History of Chili By Don Juan Ignatius Molina, Longman, Hurst, Rees, and Orme, Paternoster-Row, London, 1809
- ↑ Historiador Joel Avilez Leiva, Valdivia y sus rivales en la Guerra de Arauco; a la Luz de Las Crónicas de la Conquista, p.15, Ensayo Histórico IPVC, La Serena, 2006
- ↑ Traducido do orixinal: «Caupolicán era un varón de autoridad, grave y severo, duro y decidido, firme para mantener sus opiniones y llevar a cabo sus empresas. Había nacido tuerto, y ese defecto, que daba a su cara un aspecto feroz y un poco tétrico, no era desmedro para su habilidad física...»
- ↑ De Ercilla y Zúñiga, Alonso (1840). La Araucana. Baudry. p. 194. Consultado o 30 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Caupolicán |