Saltar ao contido

Catubodua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Catubodua (protocelta Katubodwā, "corvo de batalla")[1][2] é o nome dunha deusa celta da guerra da que se ten coñecemento por unha inscrición atopada no departamento francés de Alta Savoia, no leste de Francia[1] que di ATHVBODVAE AVG SERVILIA TERENTIA S L M [3][4] e por outras tres inscricións relacionadas, atopadas en Austria e Eslovenia.

Semella que o seu culto é idéntico ó da deusa da mitoloxía irlandesa Badb Catha. Nicole Jufer e Thierry Luginbühl relacionaron Catubodua con outras deusas marciais como Boudina, Bodua e Boudiga, cuxos nomes comparten a mesma raíz, que significa "liorta, combate" ou "vitoria".[5] Pode compararse á Vitoria romana, á Niké grega e coa Sigyn nórdica.

Lenda romana

[editar | editar a fonte]

Unha anécdota das guerras entre galos e romanos durante o século IV a.C. recollida por Tito Livio, Aulo Gellio e Dionisio de Halicarnaso podería facer referencia a esta deusa. Daquela, un oficial romano chamado Marco Valerio, estaba a servir como tribuno militar no exército do cónsul Lucio Furio Camilo na campaña contra os galos. Un guerrero galo de enorme tamaño desafiou a calquera romano para se enfrontaren en combate singular. O desafío foi aceptado por Valerio despois de obter o permiso do cónsul, e ao comezar o combate, un corvo pousouse sobre o casco de Valerio e, cada vez que o galo atacou, o corvo botouse sobre a cara do galo ata que, finalmente, foi morto por Valerio. Na batalla posterior, os galos foron totalmente derrotados e o o cónsul regaloulle dez bois e unha coroa de ouro. O pobo romano, en agradecemento, elixiuno en ausencia cónsul para o seguinte ano, cando tiña tan só vinte e tres anos de idade e Valerio adoptou o alcume de Corvus (Corvo)[6] e se converteu nun famoso xeneral e político da República romana.

Esta historia lembra, tamén, a morte do heroe irlandés do Ulster Cúchulainn que Morrigan, con forma de corvo, presenza sobre pousado sobre o seu ombreiro.

  1. 1,0 1,1 "Cathubodua". arbre-celtique.com (en francés). Consultado o 21 de setembro de 2020. 
  2. Dottin (1920), pp. 235-244 [1]
  3. Hennessey, W.M. (1870). "The Ancient Irish Goddess of War" (en inglés). Consultado o 21 de setembro de 2020. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2011. Consultado o 30 de novembro de 2013. 
  5. Jufer & Luginbühl (2001)
  6. Lendering, Jona. "Livy, Periochae 6-10". livius.org (en inglés). Consultado o 21 de setembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]