Catalunya Banc
Aparencia
Catalunya Banc, S.A. | |
---|---|
Vista frontal da sede central de Catalunya Banc en Barcelona, edificio histórico de Caixa Catalunya. | |
Tipo | Banco |
Fundación | 1 de xullo de 2011 |
Localización | Plaça d'Antoni Maura, 6, 08003 Barcelona |
Persoas clave | Cristina de Parias Halcón |
Número de empregados | 4.858 (2014) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Catalunya Banc é un banco español con sede en Barcelona, filial de BBVA. Foi creado pola Caixa d'Estalvis de Catalunya, Tarragona i Manresa (CatalunyaCaixa) o 7 de xuño de 2011 para desenvolver a súa actividade financeira.[1]
O 21 de xullo de 2014, BBVA logrou facerse con Catalunya Banc mediante un procedemento de poxa por 1.187 millóns de euros.[2] O 24 de abril de 2015, BBVA completou a compra de Catalunya Banc, unha vez formalizada a adquisición do 98,4% do capital social por 1.165 millóns de euros.[3]
Catalunya Banc segue a utilizar a marca comercial "CatalunyaCaixa".