Saltar ao contido

Carlos Saldanha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarlos Saldanha

Saldanha na promoción de Ferdinand
Biografía
Nacemento20 de xullo de 1968 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor en Wikidata
ResidenciaHoboken Editar o valor en Wikidata
EducaciónSchool of Visual Arts (en) Traducir - arte
Carmel High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, guionista, actor de dobraxe, animador, pintor, produtor de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1993 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorSony Pictures Animation (pt) Traducir (2021–)
Blue Sky Studios (pt) Traducir (1993–) Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0757858 Allocine: 76494 Allmovie: p306999 BNE: XX1796035 Editar o valor en Wikidata


Carlos Saldanha, nado no Río de Xaneiro o 24 de xaneiro de 1965 é un director brasileiro. Recoñecido principalmente por ser o creador da exitosa franquía dos estudios Blue Sky Rio, ambientada na súa cidade natal.[1]

Ademais de ser o director de varios dos proxectos da empresa, como; Ice Age: The Meltdown (2006), Ice Age: Dawn of the Dinosaurs (2009) e Ferdinand (2017), tamén foi codirector de películas como Ice Age (2002) e Robots (2005).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Nado en Río, dende pequeno Saldanha estivo moi fascinado pola animación, polo que pasaba case todo o tempo debuxando e facendo animacións fotograma a fotograma.

Comezou a aforrar desde moi cedo para poder viaxar aos Estados Unidos a buscar oportunidades de traballo.

Despois de rematar os seus estudos, deixou a súa terra natal e matriculouse na Escola de Artes Visuais de Nova York. Despois de estudar alí durante uns anos, Saldanha graduouse, obtivo un máster en arte e animación por ordenador pola Escola de Artes Visuais en 1993 e comezou a traballar en Blue Sky Studios.

Alí, Saldanha fíxose amigo de Chris Wedge e xuntos colaboraron nos efectos especiais de películas como Joe's appartment, onde tiveron que animar máis de 1.000 cascudas bailando.

Uns anos despois, a súa curta de animación "Time for Love" presentouse nalgúns dos festivais máis prestixiosos do mundo. Isto foi suficiente para que ascendera nos Blue Sky Studios e conseguiu o cargo de codirector con Chris Wedge.

En 1999, Saldanha traballou xunto a Wedge nos efectos especiais da película Fight Club, dirixida por David Fincher. Na mesma, encargáronse de retocar dixitalmente a Brad Pitt e Edward Norton, protagonistas da longametraxe.

En 2002 recibiu o encargo de dirixir a produción de animación Ice Age xunto con Wedge. Neste filme deron vida aos seus personaxes coas voces de Ray Romano, John Leguizamo e Denis Leary, coa colaboración de Jack Black e Goran Visnjic.

Despois do grande éxito de Ice Age, Saldanha traballou como segundo ao mando de Chris Wedge na película Robots, na que actores como Ewan McGregor, Robin Williams, Halle Berry, entre outros, puxeron a súa voz.

En 2006, Wedge traballabou en The Incredibles, polo que Saldanha encargouse de dirixir en solitario Ice Age: The Meltdown, na que se repetiron os mesmos actores da primeira película desta saga.

En 2009, Saldanha dirixiu Ice Age: Dawn of the Dinosaurs, retomando cos mesmos actores de voz. Desde entón, Saldanha só participou como produtor executivo da franquía.

Saldanha en 2011, durante a promoción de Río.

Saldanha tivera unha idea facía tempo de facer unha película sobre pingüíns, pero cando se estreou a película de animación Happy Feet decidiu tocar outro tema, polo que se lle ocorreu facer unha produción ambientada na súa cidade natal, Río de Xaneiro. Foi entón cando recibiu o encargo de dirixir Río, un filme sobre un guacamaio azul inxenuo e manso, coas voces de actores como Jesse Eisenberg,e Anne Hathaway entre outros. Rio foi lanzado en 2011 e converteuse nun éxito comercial.


Tal foi o éxito de Rio que Saldanha dirixiu a secuela, Rio 2, que se estreou en 2014. Isto converteu a Rio na primeira película en ter unha secuela de Blue Sky Studios fóra da Ice Age. Nesta gran secuela, Saldanha acada un maior éxito que a súa anterior película. Recadando máis de 500 millóns de dólares. Até o momento, Saldanha asegura que ten ideas para máis películas da franquía, pero porque se comprometeu con outros proxectos non viu posible aínda a realización dunha secuela.

Novos proxectos

[editar | editar a fonte]

En 2022 a Warner Bros. anunciou que Saldanha iría dirixir o filme "Iemanjá - Deusa do Oceano" trasladando o mundo de Iemanjá e o candomblé para o dos superheroes.[2]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Papel Notas
2002 Ice Age Codirector Dirixida con Chris Wedge
2005 Robots Codirector Dirixida con Chris Wedge
2006 Ice Age: The Meltdown Director
2009 Ice Age: Dawn of the Dinosaurs Director Dirixida con Mike Thurmeier
2011 Río Director, Historia
2012 Ice Age: Continental Drift Produtor executivo
2014 Río 2 Director, Historia
2016 Ice Age: Collision Course Produtor executivo
2017 Ferdinand Director

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]