Carlos Queiroz
Nome orixinal | (pt) Carlos Manuel Brito Leal de Queiroz | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 1 de marzo de 1953 (71 anos) Nampula (África Oriental Portuguesa) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade Técnica de Lisboa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista (–1984), adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Portugal | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Carlos Manuel Brito Leal Queiroz, nado en Nampula o 1 de marzo de 1953, é un adestrador de fútbol portugués.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na provincia de Mozambique, daquela parte de Portugal. Pasou polas seccións xuvenís do Club Ferroviario de Nampula, e chegou a estudar enxeñaría mecánica ata 1974 na Universidade de Lourenço Marques.
En 1975, xa establecido en Portugal, ingresou no Instituto Superior de Educación Física de Lisboa (ISEF) pertencente á Universidade Técnica de Lisboa. Aí logrou a licenciatura en educación física e o mestrado en metodoloxía do adestramento deportivo. Foi asistente da Facultade de Motricidade Humana e profesor de educación física no ensino secundario. En 1984 converteuse en axudante do adestrador Mário Wilson no Grupo Desportivo Estoril Praia.
Adestrador
[editar | editar a fonte]Federación Portuguesa de Fútbol
[editar | editar a fonte]En 1987 entrou na Federación Portuguesa de Fútbol coa función de seleccionador nacional dos equipos xuvenís. Carlos Queiroz pescudou nos métodos utilizados no estranxeiro e mais apostou forte na formación dos xogadores máis novos, o que levou á aparición de figuras como Luís Figo, Rui Costa, Vítor Baía, Paulo Sousa, Abel Xavier, Fernando Couto ou João Vieira Pito. O 22 de marzo de 1989 o presidente da República outorgoulle a Orde do Infante D. Henrique co grao de comendador[1]. Ata 1991 adestrou ás seleccións xuvenís conquistando por dúas veces o campionato no Mundial sub-20 en 1989 en Arabia Saudita mais en 1991 en Portugal.
En 1991 fíxose coas rendas da selección absoluta. Mais Portugal non se chegou a clasificar para a Copa do Mundo de 1994, que tivo lugar nos Estados Unidos e Queiroz abandonou a selección e a federación.
Adestrador fóra da Federación portuguesa
[editar | editar a fonte]Como adestrador do Sporting só venceu a Copa de Portugal correspondente á temporada 1994/1995, batendo na final, no Estadio Nacional do Jamor, ao Marítimo por 2-0.
Logo deixou Portugal e adestrou entón o equipo norteamericano do MetroStars e o xaponés do Nagoia Grampus Eight. Nese período elaborou un plano detallado destinado a profesionalizar os xogadores de fútbol nos Estados Unidos, coñecido como "Q-Report" ou "Project 2010". En xullo de 1998 regresou ao comando dunha selección, a dos Emiratos Árabes Unidos, onde estivo cerca dun ano.
En agosto de 2000 comezou a traballar coa selección de Suráfrica, que conseguiu meterse na Copa do Mundo de 2002. En 2002 asumiu o cargo de axudante de Alex Ferguson no Manchester United, contribuíndo ao título de campión de Inglaterra que o club conquistou. En xuño de 2003 contratouno o Real Madrid como adestrador principal, substituíndo a Vicente del Bosque. Pero non logrou impoñer a súa filosofía de traballo e regresou ao Manchester United para continuar o seu traballo con Alex Ferguson, conquistando varios títulos da Liga inglesa e en 2008 a Liga de Campións da UEFA.
O 11 de xullo de 2008 substituíu a Luiz Felipe Scolari como adestrador da Selección de fútbol portuguesa, co principal obxectivo de cualificarse para a Copa do Mundo FIFA de 2010. Lográndoo e disputando a fase de grupos con Costa do Marfil, Corea do Norte e o Brasil. Logrou dous empates a cero con Costa do Marfil e mais o Brasil, marcando goles tan só contra Corea do Norte, 7-0, terminando en segundo lugar do seu grupo e caendo, nos oitavos de final, diante de España. A Federación Portuguesa de Fútbol anunciou a rescisión de contrato con Carlos Queiroz o 9 de setembro de 2010.
Selección de Irán
[editar | editar a fonte]Presentado oficialmente como seleccionador de Irán o 4 de abril de 2011 logrou a cualificación para o Mundial 2014, celebrado no Brasil, tornándose o terceiro adestrador en clasificar tres seleccións distintas para a Copa do Mundo da FIFA. Irán con Queiroz á fronte volveu lograr a clasficación para o Mundial de 2018.
Selección de Exipto
[editar | editar a fonte]O 8 de setembro de 2021, Carlos Queiroz foi nomeado adestrador de Exipto, en substitución de Hossam El Badry.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carlos Queiroz en Ordens Honoríficas Portuguesas
- ↑ "كارلوس كيروش مديرًا فنيًا لمنتخب الفراعنة.. ويوجه رسالة لجمهور الكرة في مصر". CNN Arabic. 8 de setembro de 2021.
- Nados en 1953
- Nados en Nampula
- Adestradores de fútbol de Portugal
- Adestradores da selección de fútbol de Portugal
- Adestradores do Sporting Clube de Portugal
- Adestradores da selección de fútbol dos Emiratos Árabes Unidos
- Adestradores da selección de fútbol de Suráfrica
- Adestradores do Real Madrid CF
- Adestradores da selección de fútbol de Irán
- Adestradores da selección de fútbol de Colombia
- Adestradores da selección de fútbol de Exipto
- Adestradores do Mundial de Fútbol de 2022