Carlos
Aparencia
Carlos[1][2] é un nome propio masculino galego. O nome é de procedencia xermana, e significa "home libre". O nome traducido ás linguas escandinavas Karl significa home. Trátase dun nome moi popular debido ao seu uso habitual nas tradicións das casas reais, polo que hai moitas personalidades chamadas Carlos. En galego tamén ten a variante Calros e os hipocorísticos Carlechos e Carlucho.[2]
En xaneiro de 2023 existían 17.936 varóns en Galicia co nome Carlos, cunha media de idade de 47,8 anos.[3]
Santoral
[editar | editar a fonte]- 4 de novembro: San Carlos, cardeal e arcebispo de Milán (†1584).
Noutras linguas
[editar | editar a fonte]Tamén existe en xaponés (Karurosu), en chinés (Ka-lou-se), en árabe (Karlus) e noutras linguas.
Nome | lingua |
---|---|
Charles | inglés, francés |
Charl | afrikaans |
Carl | noruegués |
Carles | catalán |
Carlo | italiano |
Carlos | portugués, castelán, galego |
Carol | romanés |
Carolus | latín |
Karel | checo, holandés |
Karl | alemán, sueco lingua islandesa |
Karlo | lingua croata, serbio |
Karlos | éuscaro |
Karolis | lituano |
Karol | polaco, eslovaco |
Karolos | grego |
Károly | húngaro |
Kaarle | finés |
Siarl | galés |
Monarcas e membros de casas reais
[editar | editar a fonte]Outras personalidades
[editar | editar a fonte]- Carl von Linné: biólogo Sueco, foi o primeiro en dar nome científico ás especies.
- Carlos Martel: mordomo de palacio do reino de Austrasia
- Karl Marx: ideólogo do Marxismo, e do posterior comunismo.
- Carlos Chacal: é o alias de Ilich Ramírez Sánchez, terrorista venezolano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Nome Carlos na Web do Intituto Galego de Estatística
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos |