Saltar ao contido

Caraciformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hyphessobrycon bentosi pertencente a esta orde.

Os Caraciformes (Characiformes) son unha orde de peixes teleósteos, dentro da superorde Ostariofisos (Ostariophysi). Entre outras, inclúe as pirañas.

Características

[editar | editar a fonte]

Como corresponde á superorde, caracterízanse pola presenza do aparato de Weber. Así mesmo, posúen unha pequena adiposidade carnosa entre a aleta dorsal e a cola. A pel está cuberta de escamas ben definidas (algunha especie carece de escamas). Dentes, normalmente, ben desenvolvidos (a maioría son carnívoros).

Aletas pélvicas con 5-12 radios; aneta anal curta a moderadamente longa.

Son especies de auga doce, presentes en lagos tropicais e ríos de Suramérica, Centroamérica e África central. Moitas especies son moi pequenas e de cores vistosas, polo que resultan apreciados para a cría en acuarios.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Nun principio consituían unha única familia, os Characidae, dentro da orde dos Cipriniformes, pero actualmente admítense 18 familias (FishBase), a maiores doutras xa extinguidas:

  • Familia Acestrorhynchidae
  • Familia Alestidae
  • Familia Anostomidae
  • Familia Characidae
  • Familia Chilodontidae
  • Familia Citharinidae
  • Familia Crenuchidae
  • Familia Ctenoluciidae
  • Familia Curimatidae
  • Familia Cynodontidae
  • Familia Distichodontidae
  • Familia Erythrinidae
  • Familia Gasteropelecidae
  • Familia Hemiodontidae
  • Familia Hepsetidae
  • Familia Lebiasinidae
  • Familia Parodontidae
  • Familia Prochilodontidae

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]