Saltar ao contido

Can Peguera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCan Peguera
Imaxe

EpónimoCan Peguera (masia) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°26′06″N 2°09′58″L / 41.4349, 2.166188
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBarcelonès
ConcelloBarcelona
Distritos (pt) TraducirNou Barris Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.215 (2021) Editar o valor en Wikidata (18.458,33 hab./km²)
Xeografía
Superficie0,12 km² Editar o valor en Wikidata

Can Peguera é un barrio do distrito de Nou Barris da cidade de Barcelona. Está situado entre El Turó de la Peira e La Guineueta, en Nou Barris, e o barrio de Horta, no distrito de Horta-Guinardó. É coñecido familiarmente como "Les Cases Barates" (Casas baratas).

O barrio é coñecido polas súas particulares vivendas, as casas baratas de Ramon Albó, construídas en 1929. Estas casas foron destinadas á poboación obreira que chegou á cidade durante o crecemento urbanístico e dos que perderon a súa vivenda en Montjuïc pola Exposición Internacional. Son casas pequenas dunha soa planta que fan de Can Peguera un dos barrios máis pintorescos de Nou Barris. En Can Peguera hai 650 casiñas e son un dos catro grupos de casas baratas de Barcelona.

Ademais no barrio tamén hai unha escola, hoxe en desuso, e unha igrexa, a de Francisco Xavier. Xunto á parroquia construíuse o único bloque de edificios do barrio, onde viven unhas trinta familias.

O barrio de Can Peguera recibe o nome da antiga masía coñecida así pola fabricación de cola. O nome recuperouse a finais do século XX por decisión dos veciños. Antigamente fora bautizado co nome de Ramon Albó.

As casas baratas de Can Peguera, coas que quedan do grupo de Milans del Bosch (Bon Pastor), son as últimas que quedan en pé logo do derrubamento das vivendas de Eduard Aunós (Zona Franca) e Baró de Viver (Sant Andreu).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]