Saltar ao contido

Campionato de Galicia de fútbol 1928/29

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaCampionato de Galicia de fútbol 1928/29
TipoCampionato de Galicia de fútbol Editar o valor en Wikidata
Número de participantes6 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Período de tempotempada 1928-1929 Editar o valor en Wikidata
Número de edición15 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoRacing de Ferrol Editar o valor en Wikidata


O Campionato de Galicia da Serie A 1928/29 foi a décimo quinta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en outubro de 1928 e rematou en agosto de 1929. Os dous primeiros postos do torneo outorgaban a clasificación para a Copa de España.[1] Participaron o Celta de Vigo, o Eiriña Club de Fútbol, o Deportivo da Coruña, o Racing Club de Ferrol, o Emden Foot-ball Club e o Unión Sporting Club. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas, aínda que o calendario fixado intercalou os encontros de ámbalas dúas. Proclamouse campión o Racing de Ferrol e subcampión o Celta de Vigo.[2]

Calendario

[editar | editar a fonte]
Xor. Data Estadio Local Visitante Resultado
1 7 de outubro Coia Celta de Vigo Racing de Ferrol 3–3 Informe
1 7 de outubro O Progreso Eiriña Unión Sporting 3–1 Informe
1 7 de outubro Monelos Emden FC Deportivo da Coruña 1–5 Informe
2 14 de outubro Barreiro Unión Sporting Deportivo da Coruña 1–7 Informe
2 14 de outubro Monelos Emden FC Celta de Vigo 0–7 Informe
2 22 de novembro O Inferniño Racing de Ferrol Eiriña 7–0 Informe
3 21 de outubro O Inferniño Racing de Ferrol Celta de Vigo 1–1 Informe
3 21 de outubro Riazor Deportivo da Coruña Emden FC 3–0 Informe
3 21 de outubro Barreiro Unión Sporting Eiriña 1–4 Informe
4 28 de outubro Barreiro Unión Sporting Emden FC 2–1 Informe
4 28 de outubro Riazor Deportivo da Coruña Racing de Ferrol 1–1 Informe
4 1 de novembro Coia Celta de Vigo Eiriña 3–0 Informe
5 4 de novembro Riazor Deportivo da Coruña Eiriña 5–0 Informe
5 4 de novembro O Inferniño Racing de Ferrol Emden FC 2–0 Informe
5 4 de novembro Barreiro Unión Sporting Celta de Vigo 0–3 Informe
6 11 de novembro Coia Celta de Vigo Unión Sporting 7–0 Informe
6 11 de novembro Monelos Emden FC Racing de Ferrol 1–2 Informe
6 11 de novembro O Progreso Eiriña Deportivo da Coruña 1–2 Informe
7 18 de novembro Coia Celta de Vigo Emden FC 8–0 Informe
7 18 de novembro Riazor Deportivo da Coruña Unión Sporting 10–0  Informe
7 18 de novembro O Progreso Eiriña Racing de Ferrol 0–3 Informe
8 25 de novembro Riazor Deportivo da Coruña Celta de Vigo 1–0 Informe
8 25 de novembro Barreiro Unión Sporting Racing de Ferrol 1–4 Informe
8 25 de novembro O Progreso Eiriña Emden FC 2–0 Informe
9 2 de decembro Coia Celta de Vigo Deportivo da Coruña 13–0  Informe
9 2 de decembro O Inferniño Racing de Ferrol Unión Sporting 6–1 Informe
9 2 de decembro Monelos Emden FC Eiriña 1–3 Informe
10 4 de decembro O Inferniño Racing de Ferrol Deportivo da Coruña 1–0 Informe
10 8 de decembro O Progreso Eiriña Celta de Vigo 1–7 Informe
10 25 de agosto Riazor Emden FC Unión Sporting (1) Informe
(1) Logo de varios adiamentos, o partido foi fixado finalmente para o 25 de agosto de 1929, mais non se chegou a xogar por non comparecer o Emden FC, sendo outorgados os puntos en disputa ó Unión Sporting.[3][4][5]

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Pos Equipo X G E P GF GC DG Pts Clasificación ou descenso
1. Racing de Ferrol 10 7 3 0 30 8 +22 17 Clasificación para a Copa de España 1929
2. Celta de Vigo 10 7 2 1 52 6 +46 16
3. Deportivo da Coruña 10 7 1 2 34 18 +16 15
4. Eiriña 10 4 0 6 14 23 −9 8
5. Unión Sporting 10 2 0 8 7 45 −38 4
6. Emden FC 10 0 0 10 4 34 −30 0

Controversias

[editar | editar a fonte]

Celta−Deportivo (13−0)

[editar | editar a fonte]

Na antepenúltima xornada do campionato xogaron o Deportivo da Coruña e mailo Celta de Vigo un derbi en Riazor, gañando os locais por 1−0. Despois deste partido os coruñeses visitaron Vigo para xogar fronte ó Celta. O devandito partido foi disputado o 2 de decembro en Coia nun clima de forte tensión dentro e fóra do campo. O equipo herculino foi recibido cun ambiente hostil e o encontro desenvolveuse cun xogo violento, resultando mancados varios xogadores do Deportivo durante o primeiro tempo, que rematou cun marcador de 3−0 a favor do Celta. O segundo tempo comezou con só oito xogadores branquiazuis no terreo de xogo, ficando no vestiario Otero, Lameiro e mailo porteiro Isidro (que foi substituído na porta polo dianteiro Besada). Durante o decorrer do partido, o número de xogadores deportivistas no campo chegou a descender a cinco. O árbitro andaluz Eduardo Rodríguez non suspendeu o encontro e os goles do Celta foron caendo con extrema facilidade, rematando cun resultado de 13−0 a favor do cadro local.[6][7]

Tralo partido, manifestáronse visións antagónicas na prensa de ámbalas dúas cidades galegas. A prensa olívica escusou a actitude do público local alegando que no partido xogado a semana anterior na Coruña foran asubiados os xogadores celtiñas e cualificou de “farsa” a retirada dos xogadores branquiazuis durante o encontro.[6] A prensa herculina arremeteu contra a viguesa acusándoa de quenta-los ánimos dos seareiros celtistas antes do encontro[7] e defendeu o comportamento dos seareiros deportivistas no enfrontamento da semana anterior, citando as declaracións do seleccionador español José María Mateos,[8] que estivera presente en Riazor e eloxiara o público deportivista.[9] Outros xornais de cidades como Pontevedra e Santiago de Compostela tamén criticaron o comportamento amosado polos celestes.[8][10][11]

Suspensión do Eiriña−Celta

[editar | editar a fonte]

O 4 de decembro disputouse en Pontevedra o partido da última xornada do campionato entre o Eiriña e o Celta de Vigo. Actou como árbitro Handicap, cuxas decisións suscitaron o enfado do público e acabaron por provoca-la invasión do campo por parte dos seareiros eiriñistas, que consideraban parcial a súa arbitraxe (anulou un gol e non asubiou un penalti a favor dos locais). Para evitar altercados, o delegado do gobernador civil de Pontevedra saltou ó campo, suspendeu o partido (aínda faltaban 25 minutos para o final)[12] e ordenou o arresto de Handicap, que máis tarde sería posto en liberdade por orde do propio gobernador.[13] O Eiriña formalizou unha queixa ante a Federación Galega de Fútbol, a cal acordou repeti-lo partido o 8 de decembro baixo a dirección dun árbitro cántabro e decidiu inhabilitar a Handicap.[14]

  1. Copa del Rey Alfonso XIII 1928-29linguasport.com Arquivado 02 de decembro de 2015 en Wayback Machine.
  2. "El campeonato gallego, aclarado". El Pueblo Gallego nº 1.495 (en castelán). 5 de decembro de 1928. p. 8. 
  3. "De Fútbol. El Emden, colista". El Progreso nº 6.856 (en castelán). 4 de setembro de 1929. p. 1. 
  4. "Por los periódicos. Donde alguno se empeña en ver un 'affaire'". El Pueblo Gallego nº 1.696 (en castelán). 4 de setembro de 1929. p. 10. 
  5. "La asamblea de clubs de fútbol". El Pueblo Gallego nº 1.707 (en castelán). 17 de setembro de 1929. p. 14. 
  6. 6,0 6,1 "Deportes". El Pueblo Gallego nº 1.494 (en castelán). 4 de decembro de 1928. p. 5. 
  7. 7,0 7,1 "El 'match' de boxeo celebrado anteayer en Vigo. El Celta 'aplasta' al Deportivo". El Orzán nº 3.263 (en castelán). 4 de decembro de 1928. p. 4. 
  8. 8,0 8,1 "Deportes". El Orzán nº 3.265 (en castelán). 6 de decembro de 1928. p. 2. 
  9. "Hablando con el seleccionador nacional". El Orzán nº 3.257 (en castelán). 27 de novembro de 1928. p. 4. 
  10. "La furia céltica y la derrota viguesa del domingo". Progreso: diario independiente nº 10.649 (en castelán). 4 de decembro de 1928. p. 1. 
  11. "El match de Vigo. El monstruoso espectáculo de antideportividad registrado ayer en el campo de Coya". El Eco de Santiago nº 14.285 (en castelán). 3 de decembro de 1928. p. 2. 
  12. "Notas de Sport". El Diario de Pontevedra nº 13.197 (en castelán). 5 de decembro de 1928. p. 2. 
  13. "En Pontevedra. Un partido accidentadísimo". El Pueblo Gallego nº 1.495 (en castelán). 5 de decembro de 1928. p. 8. 
  14. "De Sport". Progreso: diario independiente nº 10.653 (en castelán). 8 de decembro de 1928. p. 3.