Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O CD79 (cluster de diferenciación 79 ) é unha proteína transmembrana que forma un complexo co receptor de células B (BCR) na superficie dos linfocitos B e xera sinais intracelulares (transdución de sinais ) unha vez que o receptor BCR recoñeceu ao antíxeno . O CD79 componse de dúas cadeas proteicas distintas, chamadas CD79A e CD79B (anteriormente coñecidas como Ig-alfa e Ig-beta), as cales forman un heterodímero na superficie da célula B estabilizado por pontes disulfuro .[ 1] Tanto CD79a coma CD79b son membros da superfamilia das inmunoglobulinas . Nos humanos o CD79a está codificado polo xene mb-1 situado no cromosoma 19 , e CD79b está codificado polo xene B29 do cromosoma 17 .[ 1] [ 2] Ambas as cadeas do CD79 conteñen un motivo de activación baseado na tirosina inmunorreceptor (ITAM) nas súas colas intracelulares, que utilizan para propagar sinais polo interior da célula B, funcionando dunha maneira similar a como o CD3 xera sinais de transdución durante a activación polo receptor TCR das células T .[ 3]
↑ 1,0 1,1 Chu P, Arber D (2001). "CD79: a review". Appl Immunohistochem Mol Morphol 9 (2): 97–106. PMID 11396639 . doi :10.1097/00022744-200106000-00001 .
↑ Van Noesel C, Brouns G, van Schijndel G, Bende R, Mason D, Borst J, van Lier R (1992). "Comparison of human B cell antigen receptor complexes: membrane- expressed forms of immunoglobulin (Ig)M, IgD, and IgG are associated with structurally related heterodimers" . J Exp Med 175 (6): 1511–9. PMC 2119249 . PMID 1375264 . doi :10.1084/jem.175.6.1511 .
↑ Müller B, Cooper L, Terhorst C (1995). "Interplay between the human TCR/CD3 epsilon and the B-cell antigen receptor associated Ig-beta (B29)". Immunol Lett 44 (2–3): 97–103. PMID 7541024 . doi :10.1016/0165-2478(94)00199-2 .
MeshName - CD79+Antigens [1]