César Sánchez Domínguez
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 2 de setembro de 1971 (53 anos) Coria, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 185 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 82 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1992 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
César Sánchez Domínguez, coñecido como César, nado en Coria (Cáceres) o 9 de setembro de 1971, é un exfutbolista español. Xogaba de porteiro e o foi internacional coa selección española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse na Unión Polideportiva Plasencia en terceira división, da cal ficharía polo Real Valladolid. Debutou en primeira división xogando co Real Valladolid no partido Valladolid-Barcelona (0-6) o 24 de maio do 1992. En ano 1999 fichou polo Real Madrid aínda que non foi ata o ano 2000 cando xogou co club madridista, xa que se decidiu que permanecese un ano máis no Real Valladolid. Nos seus dúas primeiras tempadas no Real Madrid, Vicente del Bosque decidiu outorgarlle a titularidade no último mes de competición, en detrimento de Iker Casillas. Aínda que os seus partidos como titular finalizaron ao final desta Segunda campaña, na final da Liga de Campións de Glasgow, cando Iker Casillas tivo que substituírlle por lesión, completando o de Móstoles unha grande actuación que significaría finalmente a vitoria branca. A partir deste momento César só disputaría de forma continua partidos de Copa do Rei.
As súas grandes citas foron a disputa de dous finais de Copa do Rei, títulos que o Real Madrid non puido gañar. A pesar diso conseguiu títulos tanto a nivel nacional como internacional (2 Ligas Españolas, 1 Liga de Campións, 1 Copa Intercontinental, 2 Supercopas de España, 1 Supercopa de Europa). En 2005 ficha polo Real Zaragoza no que permanece ata o 2008, ano no que o club maño termina descendendo a Segunda División. Entón ficha polo Tottenham Hotspur inglés. A principios do 2009 ficha polo Valencia CF para suplir a baixa do lesionado Renan Brito.
Ao final da tempada o conxunto ché renóvalle o seu contrato ata o 30 de xuño de 2010 tras o gran nivel mostrado. En maio do 2010 renóvaselle por outra tempada máis.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Campionatos nacionais
[editar | editar a fonte]Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Liga española | Real Madrid | España | 2000 - 2001 |
Supercopa de España | Real Madrid | España | 2001 |
Liga española | Real Madrid | España | 2002 - 2003 |
Supercopa de España | Real Madrid | España | 2003 |
Campionatos internacionais
[editar | editar a fonte]Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Liga de Campións da UEFA | Real Madrid | España | 2001 - 2002 |
Supercopa de Europa | Real Madrid | España | 2002 |
Copa Intercontinental | Real Madrid | España | 2002 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1971
- Nados en Coria
- Futbolistas de Estremadura
- Gardametas de fútbol
- Xogadores do Real Valladolid
- Xogadores do Real Madrid CF
- Xogadores do Real Zaragoza
- Xogadores do Tottenham Hotspur FC
- Xogadores do Valencia CF
- Xogadores do Villarreal CF
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA