Saltar ao contido

Cártama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCártama
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 36°42′41″N 4°37′50″O / 36.7113, -4.6306
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Málaga Editar o valor en Wikidata
CapitalCártama Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación28.412 (2023) Editar o valor en Wikidata (189,26 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie150,12 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude96 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJorge Gallardo Gandulla (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal29570–29580 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE29038 Editar o valor en Wikidata

Sitio webcartama.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX454444

Cártama é un concello español da provincia de Málaga, en Andalucía. Situado a 17 km de Málaga forma parte da súa área metropolitana.

O seu termo municipal ten unha superficie de 164 km² e limita con Almogía, Álora, Pizarra, Coín, Alhaurín el Grande, Alhaurín de la Torre e Málaga.

Cártama é unha poboación moi antiga que se remonta á época dos fenicios. Cando estes chegaron á actual zona de Cártama, viron que a aba do monte estaba habitada por aborixes, cos que rapidamente estableceron relacións comerciais. Aos poucos, fusionáronse con eles dando lugar a Cartha, que quere dicir "lugar oculto" ou "escondido".

Posteriormente, na época dos romanos, pasou a chamarse Cartima. Baixo esta denominación, a cidade ampliou e reforzou os seus muros, construíu un porto fluvial, e aumentou moito o seu número de habitantes. Por todo iso, chegou a ser unha das máis importantes vilas da actual provincia de Málaga, gozando da consideración de municipio xa no ano 195 a.C. É desta época da que máis restos arqueolóxicos consérvanse a día de hoxe.

Tras o dominio romano, Cártama pasou sucesivamente a poder de visigodos e musulmáns. Os árabes remodelaron o castelo, reconverténdoo nun centro de carácter político, económico e militar; así como as murallas, que converteron ao pobo nun dos principais baluartes da defensa de Málaga, e cuxas ruínas subsisten aínda. Foi durante esta época cando a poboación tomou o seu nome actual, Cártama, de orixe musulmán.

En 1485, Cártama foi conquistada polas tropas dos Reis Católicos.

Economía

[editar | editar a fonte]

A súa economía baséase no cultivo de cítricos, unha grande empresa cárnica, un grande empurrón das empresas de construción e todo o referido a elas, ademais do comercio local favorecido pola súa situación de encrucillada de camiños.

Ermida de Cártama. As tradicións contan que a imaxe da virxe foi achada por un pastor.

A patroa do municipio é a Virxe dos Remedios, situada na Ermida da nosa Señora dos Remedios, con gran devoción entre os habitantes. A ermida da nosa Señora dos Remedios é un excelente exemplo de imbricación social e relixiosa que arrinca nos momentos posteriores á conquista cristiá (1485), nos que se sitúan os lendarios feitos do achado da Virxe no lugar, que se consolida definitivamente cando xorde a advocación da nosa Señora dos Remedios, con motivo da epidemia de 1579, e que chega ata a actualidade en que a devoción permanece viva e con gran repercusión na comarca.

A festividade da nosa Señora dos Remedios celébrase no mes de abril. O día 22 deste mes báixase da súa ermida, cara á parroquia San Pedro Apóstolo, na cal permanecerá ata o primeiro domingo de xuño que volverá ao seu santuario. Coa baixada da Virxe dan comezo as festas do pobo, as cales duran uns catro ou cinco días aproximadamente. O gran día da Patroa, sen dúbida, é o 23 de abril, no cal celébrase a súa festividade, consistindo esta en procesionarla, no seu trono, polas rúas principais do pobo. Son os mesmos habitantes da vila, mediante quendas, tanto de homes como de mulleres, os que se encargan de levala aos ombreiros.

Tamén cabe destacar o patrón de Cártama Estación, San Isidro Labrador. Este ten a súa propia procesión o día 15 de maio, celebrándose tamén na súa honra unha romaría o último domingo da feira desta festa.

O municipio caracterízase polas súas feiras de gando, unha o 22 de abril e outra o 24 de setembro, que é a que pecha todas as feiras de gando da provincia, sendo Cártama unha das poboacións que conservan aínda este tipo de mercados.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]