Byeoreseo on geudae
Byeoreseo on geudae (hangul 별에서 온 그대; literalmente Ti viñeches das estrelas) é unha serie de televisión coreana sobre un extraterrestre que chegou á Terra hai 400 anos durante a dinastía Joseon, e que se namora dunha actriz na época actual.[1] Emítea aSBS do 18 de decembro de 2013 ao 27 de febreiro de 2014 os mércores e xoves ás 21:55 cun total de 21 episodios e que acadou un grande éxito de público[2]. Esta protagonizada por Kim Soo-hyun e Jun Ji-hyun
Argumento
[editar | editar a fonte]Do Min-joon é un extraterrestre que aterrou na península de Corea no ano 1609 durante a dinastía Joseon. Ao quedar inutilizada a súa nave non pode volver ao seu fogar e permanece no planeta durante os seguintes catro séculos; fisicamente é igual aos humanos pero posúa unha case perfecta aparencia, con visión e oído con maior alcance, acadando maior velocidade ao correr e ten habelencias especiais como teletransportarse e deter o tempo; a súa visión dos humanos é aborrecida e cínica. O tempo pasa e cada dez anos ten que mudar de identidade por canto el non cambia fisicamente. No momento actual traballa como profesor de universidade e ten esperanzas que en tres meses cando un cometa pase pola terra el poderá volver ao seu planeta, pero entrementres coñece de forma casual a unha famosa actriz, Cheon Song-yi, a máis coñecida das estrelas Hallyu de Corea, ao se converter en veciña súa e alumna. Ela é estrela desde a adolescencia, e non aprendeu a vivir unha vida normal, vaidosa fai que lle peta, e a el lémbralle unha moza que coñeceu ao chegar ao planeta e a que el lle salvara a vida pero que pouco despois deu a vida por el.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bae, Ji-sook (17 de decembro de 2013). The Korea Herald, ed. "Gianna Jun proves aging is good: Actress to return to small screen with Kim Soo-hyun on My Love from the Star". Consultado o 8 de xaneiro de 2014.
- ↑ The Korea Times, ed. (29 de decembro de 2013). "Man from Stars wins big attention". Consultado o 8 de xaneiro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial (en coreano)