Borsch
O borsch (coñecido tamén como borshtch ou borshch, en ruso e ucraíno: борщ, /Borʃ/ (axuda · info); en polaco: barszcz; en lituano: barščiai; en romanés: borș; en alemán: borschtsch) é unha sopa de verduras que inclúe xeralmente remolacha, que lle dá unha cor rubia intensa característica, e é tradicional en diversos países do Leste europeo como Ucraína, Polonia, Rusia, Romanía, entre outros.[1][2]
O borsch consómese masivamente en Ucraína, de onde se admite que é orixinario, pero debe entenderse que este prato constitúe parte da herdanza culinaria de moitos dos países do Leste de Europa e Europa Central. Foi levada a Europa Occidental e a América principalmente por inmigrantes xudeus fuxidos da persecución nestas rexións; en yiddish, lingua falada por moitos destes inmigrantes, o prato chámase borsht (בורשט).
A sopa é normalmente preparada con remolacha, que lle dá unha forte coloración vermella. Outros ingredientes que se acostuman empregar son repolo, cenoria, cogombro, pataca, cebola, tomate, cogomelo e carne, ás veces feixón.
O prato acostuma ser servido con nata (crema de leite) e patacas cocidas, ou kascha, unha papa de trigo sarraceno.
Variantes do borscht
[editar | editar a fonte]Existen dúas principais variantes deste prato, que se lle chaman xeralmente como borscht frío e quente. Ámbalas dúas variantes teñen remolacha, mais sérvense e prepáranse de forma diferente.
Borsch quente
[editar | editar a fonte]O borscht quente é o máis popular e é a sopa que contén unha maior cantidade de ingredientes opcionais. Dependendo da gastronomía pode incluír diferentes verduras (fabas, col, cenoria, cogombro, patacas, cebolas, ou tomates), cogomelos e carnes (polo, porco ou tenreira). Neste caso é máis similar a un cocido, ou ao caldo galego, que a unha sopa e acostúmase comer só con pan.
Borsch frío
[editar | editar a fonte]O borsch frío adoita comerse en diversas culturas, como en Lituania, onde é moi común esta modalidade. É a miúdo servido como unha sopa doce, que consiste en rodelas de remolacha cociñadas en caldo, opcionalmente con zume de limón, cebola picada e algo de azucre. Sérvese o caldo cos pedazos de remolacha, a miúdo con algunha pataca cocida e algo de crema aceda que pon un contraste coa dozura da sopa. A crema aceda non se mestura coa sopa, sérvese no prato para que sexa degustado mentres se toma a sopa coa culler.
Existen diversos outras variedades de borsch frío. Unha delas é feita co kvass, bebida típica rusa feita a partir da fermentación do pan; outra mestura leite xeado ou iogur e tomates en rodelas.
A base do borsch frecuentemente é feita con caldo de carne, aínda que esta práctica non sexa observada nos períodos da coresma por certas comunidades cristiás. Debido ás leis do kashrut, as receitas de orixe xudaicas non mesturan produtos derivados do leite con carne.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dicionário de culinária".[Ligazón morta]
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2013. Consultado o 30 de outubro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Borsch |
- Borshch Recipe Arquivado 03 de marzo de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
- Receta vegana de sopa borsch (en castelán)
- A receita da sopa de remolacha de Moscova[Ligazón morta] (en ruso)
- Borshch (en ruso)
- Borshch Arquivado 19 de setembro de 2011 en Wayback Machine. (en ruso)
- Borsch ucraíno Arquivado 19 de novembro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)