Boeing P-8 Poseidon
Boeing P-8 Poseidon | |
---|---|
Tipo | patrulla marítima |
Fabricante | Boeing |
Primeiro voo | 25 de abril de 2009 |
Introducido | novembro de 2013 |
Principais usuarios | Armada dos Estados Unidos Armada da India Real Forza Aérea de Australia Royal Air Force |
Produción | 2009 - presente |
Unidades construídas | 176 (novembro de 2023) |
O Boeing P-8 Poseidon é un avión estadounidense de patrulla e recoñecemento marítimo desenvolvido e producido por Boeing Defence, Space & Security, e derivado do avión de pasaxeiros Boeing 737-800. Foi desenvolvido para a Armada dos Estados Unidos, realizou o seu primeiro voo o 25 de abril de 2009[1] e entrou en servizo en novembro de 2013.[2]
O P-8 opera en roles de guerra antisubmarina (ASW), guerra antisuperficie (ASUW), e intelixencia, vixilancia e recoñecemento (ISR). Está armado con torpedos, mísiles antibuque Harpoon, e outras armas, pode lanzar e monitorizar sonoboias, e pode operar en conxunto con outros activos, incluíndo o vehículo aéreo non tripulado (UAV) de vixilancia marítima Northrop Grumman MQ-4C Triton.
O P-8 está operado pola Armada dos Estados Unidos, a Armada da India, a Real Forza Aérea de Australia, a Royal Air Force, a Real Forza Aérea de Noruega, e a Real Forza Aérea de Nova Zelandia. Tamén foi pedido pola Armada de Corea do Sur, a Armada de Allemaña[3] e a Real Forza Aérea do Canadá.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Boeing: Boeing P-8A Poseidon Successfully Completes 1st Flight". web.archive.org. 2009-04-30. Archived from the original on 30 de abril de 2009. Consultado o 2024-04-08.
- ↑ Majumdar, Dave. "PICTURE: Boeing delivers first production P-8A". Flight Global (en inglés). Consultado o 2024-04-08.
- ↑ "Germany approves three more Poseidon MMAs". Janes.com (en inglés). Consultado o 2024-04-08.
- ↑ "Canada purchasing up to 16 P-8A Poseidon Multi Mission Aircraft for the Royal Canadian Air Force". www.canada.ca. 2023-11-30. Consultado o 2024-04-08.