Blade Symphony
Blade Symphony | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Puny Human |
Distribuidora(s) | Steam |
Deseñador(es) | Michael Chang |
Motor | Source |
Lanzamento | 30 de abril de 2013 (Early access) 7 de maio de 2014 (Completo) |
Xénero | Acción |
Modos de xogo | Multixogador |
Plataforma(s) | Microsoft Windows |
Na rede | |
http://www.blade-symphony.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Blade Symphony é un videoxogo de acción multixogador desenvolvido por Puny Human para Microsoft Windows. A mecánica do xogo baséase en duelos con espadas, con reminiscencias e inspiración do videoxogo Jedi Knight II: Jedi Outcast. Tras unha publicación inicial en Steam no formato de Early Access en abril de 2013, o xogo publicouse oficialmente en maio de 2014.
Mecánica de xogo
[editar | editar a fonte]Blade Symphony é un videoxogo de loitas con espadas semellante ó elemento multixogador do videoxogo Jedi Knight II: Jedi Outcast. No lugar de procurar unha representación auténtica do manexo das espadas, o xogo inclúe un combate de fantasía con acrobacias e animacións particulares.[1] Os xogadores poden escoller de entre varios personaxes, estilos de loita e armas, e competir entre eles en varios modos de xogo, como deathmatch ou combate de 2 contra 2. O xogo emprega un tipo de Sistema de puntuación Elo para asignar ós xogadores a cada partida.[2]
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]O desenvolvemento de Blade Symphony comezou no ano 2006. O deseñador Michael Chang comezou a traballar no xogo xunto a un colega seu coa intención de desenvolver un xogo de loita con espadas trala dispersión da comunidade de xogadores do xogo Jedi Knight II: Jedi Outcast.[3]
Chang e o seu colega traballaron xuntos no xogo nunha forma inicial de mod do motor Source. En 2008 o seu colega deixou o proxecto e Chang continuou o traballo no mesmo. Os desenvolvedores da modificación para o Source Dystopia uníronse a Chang formando a compañía independente Puny Human..[3]
En xuño de 2011 Puny Human lanzou unha campaña en Kickstarter para acadar un financiamento de 15 000 dólares para unha licenza comercial do Source. Esta campaña finalizou con éxito, recadando 19 058 dólares.[4] Unha versión en Early Access foi publicada en abril do 2013, seguida da publicación do xogo completo en maio de 2014.[5]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rick Lane (5 de maio de 2014). "Developing by the sword". Eurogamer. Consultado o 28 de febreiro de 2015.
- ↑ Chris Thursten (8 de febreiro de 2015). "Mastering Blade Symphony: part one". PC Gamer. Consultado o 18 de febreiro de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 Charlie Hall (6 de decembro de 2013). "Blade Symphony: What sound does a successful Kickstarter make?". Polygon. Consultado o 18 de febreiro de 2015.
- ↑ Puny Human (30 de xullo de 2011). "Blade Symphony". Kickstarter. Consultado o 18 de febreiro de 2015.
- ↑ Will Uhl (21 de maio de 2014). "Blade Symphony review". PC Gamer. Consultado o 18 de febreiro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Blade Symphony |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficialArquivado 16 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine.