Big data
Big data é un termo usado para determinados sistemas de bases de datos. Utilízase para unha serie de tecnoloxías que axudan a organizar, recoller e analizar datos. En galego tamén se emprega o termo base de datos a grande escala.[1]
Aplícanse polo menos algunhas das seguintes características:[2]
- Hai cantidades enormes de datos
- Os datos cambian con moita frecuencia
- É difícil estruturar os datos para que se poidan usar facilmente
Uso
[editar | editar a fonte]Os big data utilízanse para analisar diferentes temas. A través da análise pódese obter nova información. As cantidades máis grandes de datos facilitan atopar información fiable. Utilízase en moitas áreas diferentes, como goberno, saúde, seguros, medios de comunicación, publicidade e tecnoloxía da información.
Orixe
[editar | editar a fonte]Os datos recóllense entre outras cousas a través de:
- Vixilancia
- O uso de tarxetas de crédito
- Comunicación electrónica (por exemplo, correo electrónico e teléfonos intelixentes)
- Internet e redes sociais (por exemplo, usando a busca en Google Search ou ao visitar Facebook)
- Internet das cousas (obxectos que poden conectarse a Internet, por exemplo Amazon Alexa)
- Gobernos e Autoridades públicas (por exemplo, datos fiscais, datos do censo)
Crítica
[editar | editar a fonte]O big data foi criticado por diferentes motivos. Unha crítica destacada é a crecente vixilancia para recoller datos, que ten lugar de moitas formas novas. Edward Snowden revelou como a Axencia Estadounidense de Seguridade Nacional (NSA) usa tecnoloxía dixital para espiar persoas de todo o mundo. Outras críticas destacadas é a privacidade dos datos, que trata sobre o risco de filtración de datos persoais sensibles porque non están o suficientemente protexidos.
Unha crítica máis fundamental do big data é que só porque sexa máis grande, non é automaticamente mellor. A calidade dos datos aínda ten que ser controlada. Tamén se indica que a análise de datos só pode preguntar "que" está a pasar, pero non "por que" está a suceder.
No eido académico galego, unha das maiores defensoras do emprego do big data é a catedrática Amparo Alonso Betanzos.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bases de datos a grande escala | Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. Consultado o 2023-06-30.
- ↑ "Big Data - Definition and 4 V's ; Data Basecamp". databasecamp.de (en inglés e alemán). 2021-11-26. Consultado o 2023-06-30.
- ↑ "Amparo Alonso, investigadora de IA: "no hay que temer a la inteligencia artificial" - GlobbIT". GlobbIT (en castelán). 20 de outubro de 2015. Consultado o 6 de marzo de 20178.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Big data |
Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |