Berserk (manga)
Berserk | |
---|---|
ベルセルク (Beruseruku) | |
Manga Berserk | |
Creado por | Kentaro Miura |
Editor | Monthly Animal House (1989―1992) Young Animal (1992–presente) |
Publicado en | Hakusensha |
Primeira edición | 25 de agosto de 1989 |
Última edición | presente |
Núm. de volumes | 38 |
Anime | |
Berserk (1997–1998) | |
Filmes | |
Berserk: The Golden Age Arc (2012–2013) |
Berserk (ベルセルク Beruseruku?) é unha serie manga de fantasía escura escrita e ilustrada por Kentaro Miura (1966-2021). Ambientada na Europa medieval e nun mundo de fantasía, a historia céntrase nas personaxes de Guts, un mercenario solitario, e Griffith, o líder da "Banda dos Falcóns". Temas como a soidade, a camaradería e a dicotomía do ben e o mal prevalecen na historia, e explora o mellor e o peor da natureza humana. Tanto o manga como o anime son coñecidos polo contido de violencia gráfica e sexualidade.
Miura estreou un bosquexo de Berserk en 1988. A serie de manga en si mesma comezou o ano seguinte na desaparecida revista Monthly Animal House, que foi substituída en 1992 pola revista Young Animal, onde Berserk continúa a ser serializada. A serie foi adaptada nun anime de vinte e cinco episodios que cobre o a trama arco Golden Age e foi emitido entre o 7 de outubro de 1997 e o 31 de marzo de 1998. Unha triloxía de filmes, Berserk: The Golden Age Arc, foron estreados a comezos de 2012. Unha segunda adaptación anime comezou a emitirse o 1 de xullo de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Berserk na IMDb (en inglés).
- Páxina oficial (en xaponés)