Benoît de Sainte-Maure
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XII Sainte-Maure-de-Touraine, Francia |
Morte | século XII |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura medieval e medieval Latin literature (en) |
Ocupación | poeta, escritor |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Library of the World's Best Literature |
Benoît de Sainte-Maure foi un poeta normando ou de Tours do comezo do século XII.
Obras
[editar | editar a fonte]- Le roman de Troie (1160-1170). Escrito en versos octosílabos con rimas emparelladas, este romance é a principal obra medieval en lingua románica tratando a Guerra de Troia. O autor proponse pór en forma de romance os curtos versos da obra latina De Excidio Troiae, de Dares, o Frixio, e de Dictis de Creta, recusando a fonte homérica - considerada mentireira por el. Por moito tempo considerouse que a obra fora dedicada a Leonor, Duquesa da Aquitania e encomendada por ela como homenaxe a unha "riche dame de riche rei" (rica dama de rico rei). Este feito é posto en dúbida xa que a fórmula utilizada pode tanto remitir á Virxe María como a calquera outra raíña que puidese remunerar o autor[1]. Esta obra serviu de fonte de dúas obras galegas do século XIV: a Crónica troiana e a Historia troiana.
- L’Estoire des Ducs de Normandie (Historia dos Duques da Normandía) (1175), encomendada polo rei da Inglaterra Henrique II, con base nos textos de diversos cronistas. El adopta de Dudon de Saint-Quentin a tripartición da sociedade feudal[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Este poema foi publicado en conxunto cun estudo de Aristide Joly (in-4, 1870) e en 1904-1912 por Léopold Constans.
- ↑ Esta crónica foi publicada por Francisque Michel (3 volumes, in-4, 1836-1844).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Histoire des ducs de Normandie et des rois d’Angleterre, Éd. Francisque Michel, Nova York, Johnson Reprint Corporation, 1965
- Baumgartner, Emmanuèle. Le Roman de Troie, París, Union générale d’éditions, 1987 ISBN 2264010754
- Croizy-Naquet, Catherine. Thèbes, Troie et Carthage : poétique de la ville dans le roman antique au XIIème, París ; Genève, Champion ; Slatkine, 1994
- Gauthier, Anne Marie. Édition et étude critique du cycle des retours du Roman de Troie de Benoît de Sainte-Maure d’après le manuscrit Milano, Biblioteca Ambrosiana D 55 sup et six manuscrits de contrôle, Ottawa, Bibliothèque nationale du Canada, 1999
- Pey, Alexandre. Essai sur le Roman d’Enéas, París. 1856, in-8°.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Benoît de Sainte-Maure |