Batalla do Monte Blair
A Batalla do Monte Blair (en inglés: Blair Mountain Battle) foi unha das maiores revoltas da historia do Estados Unidos de América e a maior rebelión armada que houbo nese país desde a Guerra Civil Americana.[1]
Durante cinco días, a finais do verán de 1921, preto de 10 000 mineiros do carbón e 3.000 Logan Defenders (policías e fura-folgas) apoiados pola patronal das minas enfrontáronse no condado de Logan en Virxinia Occidental. A insurrección tiña a súa orixe no intento dos traballadores de crear sindicatos en tódalas minas do suroeste do estado.
A Batalla rematou cando entrou en acción o exército dos Estados Unidos, enviado por orde presidencial, e non antes de que se disparasen en torno a un millón de balas.[2]
Como resultado das protestas os mineiros viron reducidos os seus dereitos laborais ata a década de 1930, cando o Goberno Federal dos Estados Unidos recoñeceu o dereito de sindicación.