Barcelona Bus Turístic
O Barcelona Bus Turístic é un servizo de autobuses turísticos da cidade de Barcelona, que dispón de 3 rutas e unha frota de 74 autobuses. Está xestionado polo consorcio de Turisme de Barcelona e TMB.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A historia do bus turístico en Barcelona iníciase durante a década de 1920 cando a empresa de autobuses Roca e dúas compañías máis presentan proxectos para crear un bus turístico. Non é ata 1929, con motivo da Exposición Internacional celebrada na cidade, que a Companyia General d'Autobusos (CGA) e o Patronat Nacional de Turisme crean dúas liñas de autobuses turísticos con orixe en Barcelona. Unha chamábase Circuíto Interior e a outra Gran Circuíto de Luxo e funcionaron durante todo o ano da exposición. Despois os autobuses destas liñas destináronse á liña Barcelona-Mollet del Vallès, actualmente explotada por Sagalés.
O 25 de xuño de 1987 xurdiu de novo, 58 anos despois, baixo o nome de "liña 100 Descobrim Barcelona", só na época estival. As primeiras circulacións foron con dous autobuses Pegaso Monotral 6038, 6226 e 6042, equipados con aire acondicionado.
En 1992 nace a marca actual, Barcelona Bus Turístic. Progresivamente vai aumentando o número de pasaxeiros e a frota de autobuses, que dende 1996 incorpora vehículos de dous pisos.
En 1997, cando o Bus Turístico cumpría 10 anos, apareceron moitas novidades: o 22 de marzo cambiou de imaxe con novos autobuses e creouse o billete que servía para dous días. Un ano máis tarde, en 1998, abriuse unha segunda liña, a 101. Dende entón houbo dúas liñas: a L100 ou Sur, e a L101 ou Norte. Pouco despois, no ano 2000, o período de servizo alongouse a todo o ano.
En 2002, para conmemorar o Ano Gaudí, o Barcelona Bus Turístic adoptou o nome de Bus Gaudí.
En 2004, con motivo do Fórum Universal das Culturas, creouse unha nova liña, a ruta verde, que progresivamente foise consolidando ata a actualidade. En 2012, por exemplo, funcionou entre o 30 de marzo e o 4 de novembro.
En 2007 incorporouse unha audioguía a bordo para os usuarios, dispoñible en 10 idiomas: catalán, castelán, inglés, francés, italiano, portugués, alemán, ruso, xaponés e chinés. Actualmente está dispoñible en 16 idiomas.
Rutas
[editar | editar a fonte]- Ruta Vermella: Estación de Sants - Creu Coberta - Plaça d'Espanya - CaixaForum Barcelona - Poble Espanyol - MNAC - Anella Olímpica - Fundación Joan Miró - Teleférico de Montjuïc - Miramar - World Trade Center - Colón/Museo Marítimo - Port Vell - Museo de Historia de Cataluña - Port Olímpic - Praia do Bogatell/Cemiterio do Poblenou - Parque da Ciutadella/Zoo - Pla de Palau - Barrio Gótico - Plaça de Catalunya - Casa Batlló/Fundación Antoni Tàpies - Passeig de Gràcia/La Pedrera - Francesc Macià/Diagonal.
- Ruta Azul (Ruta Blava): Mosteiro de Pedralbes - Palau Reial/Pavillóns Güell- Camp Nou - Francesc Macià/Diagonal - Eixample - MACBA/CCCB - Plaça de Catalunya - Casa Batlló/Fundación Antoni Tàpies - Passeig de Gràcia/La Pedrera - Sagrada Familia - Gràcia - Parque Güell - Tramvia Blau/Tibidabo - Sarrià
- Ruta Verde (Ruta Verda): Fòrum - Port Olímpic - Praia do Bogatell/Cemiterio do Poblenou - Poblenou - Parc Diagonal Mar.
Usuarios
[editar | editar a fonte]1987 | 1988 | 1989 | 1990 | 1991 | 1992 | 1993 | 1994 | 1995 | 1996 |
11.357 | 10.223 | 21.832 | 23.759 | 66.016 | 86.145 | 101.400 | 123.800 | 131.600 | 193.467 |
1997 | 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 |
429.628 | 452.232 | 553.508 | 873.611 | 983.302 | 1.150.621 | 1.258.490 | 1.474.954 | 1.654.145 | 1.881.125 |
2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 |
2.181.599 | 2.076.785 | 1.913.419 | 1.925.226 | 2.125.960 |
Bus turístico nocturno
[editar | editar a fonte]Dende 2007 durante o período de verán, Barcelona Bus Turístic ofrece un servizo de Bus Turístico nocturno que funciona os venres, sábados e domingos ata mediados de setembro. Ten un percorrido específico, e durante dúas horas e media pasa pola plaça de Catalunya, a Torre Agbar, o Teatre Nacional de Catalunya, a Sagrada Familia, o passeig Colom, o Poble Espanyol e a plaça d'Espanya, ademais de parar na Fonte Máxica de Montjuïc para asistir ao espectáculo de música e luz.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Barcelona Bus Turístic". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2013. Consultado o 15 de xuño de 2013.
- ↑ Fonte: Transports Metropolitans de Barcelona
- ↑ Gutiérrez, Thaïs (16/07/2012). Diari Ara, ed. "21,7 millóns de persoas utilizaron o Bus Turístic en 25 anos". ISSN 2014-010X. Consultado o xuño de 2013.
- ↑ 324.cat (ed.). "Barcelona pon en marcha por sétimo ano o servizo de bus turístico nocturno". Consultado o 14 de xuño de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |