Baía Botany
Aparencia
Tipo | baía | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Mar de Tasmania | |||
Localización | ||||
División administrativa | Sydney, Australia | |||
| ||||
Afluentes | ||||
A baía Botany (en inglés: Botany Bay) é unha enseada do océano Pacífico Sur situada na costa sueste de Australia. Administrativamente, pertence ó estado de Nova Gales do Sur.
Atópase ó sur de Sydney ó saír de Port Jackson e conta con preto de dez quilómetros de extensión. As súas costas están rodeadas polos suburbios de Sydney.
Historia
[editar | editar a fonte]A baía foi o escenario do primeiro desembarco de europeos en Australia, ocorrido en 1770, cando arribou a ela o capitán James Cook; este deulle o nome de «Botany» (Botánica) pola súa gran variedade de plantas.[1]
Botany foi elixida en 1787 como a localización para unha colonia penal. Porén a baía foi descartada á chegada dos colonos ó lugar, realizándose o asentamento en Port Jackson.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Botany Bay". Geographical Names Board of NSW (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2018.
- ↑ L. Sturgess, Gary (2015). "First Fleet". Dictionary of Sydney (en inglés). Dictionary of Sydney Trust.