BG Göttingen
BG Göttingen | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | BBL |
Alcume | Die Veilchen (Os violetas) |
Fundación | 1974 |
Cores | Púrpura, branco |
Adestrador | Roel Moors |
Localización | |
Cidade | Gotinga, Alemaña |
Pavillón | Sparkassen-Arena |
Capacidade | 3 447 |
Inauguración | 2011 |
Campionatos | |
EuroChallenge | 1 (2010) |
bggoettingen.de |
O Basketballgemeinschaft Göttingen (do alemán: Club de Baloncesto de Gotinga), máis coñecido como BG Göttingen, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Gotinga, Baixa Saxonia. Fundado en 1974, actualmente compite na Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto xermano. O seu maior éxito foi a consecución do EuroChallenge 2010, torneo no que gañaron na final ao Krasnye Krylia ruso. O equipo xoga os seus partidos como local no Sparkassen-Arena, pavillón con capacidade para 3 447 espectadores.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Cando o BG 74 Göttingen ascendeu á Basketball Bundesliga en 2007, o equipo profesional excindiuse do club. Na súa primeira temporada na Bundesliga, o Göttingen conseguiu acadar a permanencia. Nas seguintes temporadas o equipo conseguiu algunhas actuacións destacábeis. Na temporada 2009–10 o club debutou en Europa ao competir no EuroChallenge, conseguindo gañar o torneo na súa primeira participación despois de 13 vitorias por tan só 3 derrotas. Na Final Four, que foi celebrada en Gotinga, o equipo venceu ao Chorale Roanne francés por 77−67 en semifinais e ao Krasnye Krylia ruso por 83−75 na final. Nas seguintes dúas temporadas o club continuou xogando competicións europeas, mais sen tanto éxito. Na temporada 2011–12 o Göttingen descende á segunda división, a ProA, conseguindo regresar á máxima categoría en 2014 após venceren ao Crailsheim Merlins nas finais da competición.[2]
Títulos
[editar | editar a fonte]- Campión (2): 2007, 2014
- Campión (1): 2010
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]- Sullivan Phillips
- Kyle Bailey
- Louis Dale III
- Jeb Ivey
- Brian Jackson
- Trenton Meacham
- Taylor Rochestie
- Nicholas Livas
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sparkassen-Arena". goesf.de (en alemán). Consultado o 3 de agosto de 2021.
- ↑ "BG Göttingen Zweitligameister im Basketball". sport.de (en alemán). 4 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2014. Consultado o 4 de agosto de 2021.