Saltar ao contido

Avieno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAvieno
Biografía
Nacementoc. 305 Editar o valor en Wikidata
Bolsena, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mortec. 375 Editar o valor en Wikidata (69/70 anos)
Actividade
Ocupaciónpoeta, escritor, procónsul Editar o valor en Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século IV Editar o valor en Wikidata)
Obra
Obras destacables
Familia
FillosFesto Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Editar o valor en Wikidata
BNE: XX840934


Rufo Festo Avieno (en latín: Postumius Rufius Festus Avienus) foi un escritor, poeta, astrónomo e xeógrafo latino da segunda metade do século IV.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Volsinii (Bolsena), Etruria,[1] procedía da familia dos Rufii Festi, fillo de Musonio (identificado como descendente de Musonio Rufo, filósofo estoico do século I), e foi procónsul[1] dúas veces da África Proconsular en 366 e 367 e probablemente tamén de Acaia. Segundo inscricións conservadas nos Museos Vaticanos casou cunha muller chamada Plácida e tivo varios fillos, un dos cales chamábase Plácido. Algúns historiadores quixeron atribuírlle a paternidade do historiador Rufo Festo, pero é discutida.

En relación á Península Ibérica recolle as fontes máis antigas que se conservan, e que datarían do século VI a.C. Avieno describiu os oestrimnios e saefes, pobos da Gallaecia.

  • Descriptio Orbis Terrae, en 1.394 versos hexámetros,[3] cun resumo dos puntos máis relevantes da xeografía física e política do mundo coñecido, tradución en verso da Periégesis de Dionisio. Avieno, ademais, incorporou datos xeográficos de Estrabón.[2]
  • Ora maritima, do que se conserva un fragmento do primeiro capítulo[2] de 703 trímetros iámbicos que describe as costas dende a Bretaña ata Marsella.[3]
  • Aratea Phaenomena e Aratea Prognostica, tradución en versos hexámetros distribuídos en 1.325 e 552 liñas, que é a mesma relación das obras de Arato de Solos, con descricións, lendas, supersticións e feitos.
  • Tres pezas curtas dirixidas a un amigo chamado Flavianus Myrmecius.
  1. 1,0 1,1 Garzón Díaz, Julián (1986). En torno a Rufo Festo Avieno, Memorias de historia antigua (en castelán). ISSN 0210-2943. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Paniagua Aguilar, David (2006). El panorama literario tecnico-cientifico en Roma (en castelán). Universidad de Salamanca. ISBN 8478004629. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Suárez Piñeiro, Ana María. "Galicia, ¿En la Ora maritima de R.F.Avieno?". estudiosgallegos.revistas.csic.es. Consultado o 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]