Aspiradora
Unha aspiradora[1] é un dispositivo que utiliza unha bomba de aire para aspirar o po e outras partículas pequenas de sucidade, xeralmente do chan. A maioría de fogares con chan lousado teñen un modelo doméstico para a limpeza[2]. O po recóllese mediante o sistema de filtrado un “ciclón” para unha posterior disposición.
Historia
[editar | editar a fonte]Até finais do século XIX, os cepillos para alfombras eran as únicas ferramentas coas que se contaba para tratar de manter limpo o ambiente destes lugares.
Posteriormente foron creados varios artefactos para limpar alfombras, e en 1901 foi patentada a primeira aspiradora. Ideada polo enxeñeiro inglés Hubert Cecil Booth, Puffing Billy era unha enorme máquina, cun motor eléctrico, que aspiraba o po. Tamén creou unha aspiradora que a chamou Trolleyvack que funcionaba cun motor máis pequeno, despois Booth instalou unha empresa de aseo. A súa primeira tarefa importante foi limpar a alfombra da Abadía de Westminster; tamén houbo outro creador, James Murray Spangler (de Ohio), quen creou unha aspiradora portátil que funcionaba cun ventilador eléctrico.
No entanto, non sería até 1908 (ano no que Spangler vendeu os dereitos do seu invento a un parente e industrial do coiro, William H. Hoover) que se crease a aspiradora de zorra de hoxe en día. Hoover deseñou o modelo "O", que tiña rodas, un mango longo e unha bolsa para conter o po. Aínda que nun principio o mercado era para fábricas, máis tarde realizou unha liña de aparellos domésticos, popularizándose o seu uso rapidamente por todo Estados Unidos.
Actualidade
[editar | editar a fonte]Hoxe en día é un equipo indispensable para o mantemento e limpeza tanto para o fogar, como para oficina, goberno, universidades e colexios. Os modelos utilizados por persoal de limpeza son máis robustos e moitas veces non utilizan bolsa para reter o po, senón que o depositan nun colector para logo baleirar este colector ao lixo.
Ultimamente están a aparecer aspiradoras robotizadas, que limpan sen intervención humana o chan. Un exemplo delas é Roomba e en Asia Mamirobot.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aspirador.
- ↑ "Usando o aspirador" (en inglés). BBC News. 30 de agosto de 2001. Consultado o 6 de decembro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aspiradora |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Aspirador |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Booth, H. Cecil "The origin of the vacuum cleaner," ''Transactions of the Newcomen Society'', 1934–1935, Volume 15, (en inglés).
- Gantz, Carroll. ''The Vacuum Cleaner: A History'' (McFarland, 2012), 230 pp, (en inglés).
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Historia da aspiradora (en inglés).
- How Stuff Works – Vacuum Cleaner, (en inglés).
- HEPA & ULPA vacuum cleaners – what they can and can’t do for IAQ, (en inglés).
- Invention of the vacuum cleaner, by H Cecil Booth (excerpt) (en inglés).
- The Historyscoper - online course on vacuum cleaner history with reference hyperlinks , (en inglés).