Saltar ao contido

Aromaterapia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A aromaterapia (etimoloxía : latín « aroma », grego « ἄρωμα - arôma » = aroma; grego « θεραπεία - therapeia » = cura, coidado) é a utilización con fins terapéuticos ou de curación de extractos aromáticos de plantas (esencias e aceites esenciais). Non debe confundirse coa fitoterapia, que utiliza a totalidade dos elementos extraídos das plantas terapéuticas.

O termo foi utilizado desta xeira polo alquimista francés René Maurice Gattefossé no 1935[1].

A aromaterapia utilizada en masaxe.

A aromaterapia é unha pseudociencia.[2]

Xeralmente as plantas constituíron a base da farmacopea das antigas civilizacións.

Na historia da medicina moderna, polo menos ata o século XVI, a aromaterapia confundíase coa fitoterapia.

No século X o médico alquimista persiano Jabir Ibn Hayyan inventou o alambique, grazas ó cal se melloraron os procesos de extracción de diferentes substancias das plantas, e a farmacopea foi quen de utilizalo sobre todo á partir do século XVI.

Utilización

[editar | editar a fonte]

No panoplia de técnicas dun naturoterapeuta, ou médico naturista, a aromaterapia practícase arestora en combinación coa fitoterapia, por iso o termo "fito-aromaterapia" vén sendo utilizado polos especialistas naturalistas.[3]

Distillation à la vapeur d'eau (Florame)
Destilación utilizando o vapor da auga.

O termo aromaterapia engloba prácticas medicinais e terapéuticas moi variadas. Os aceites esenciais, por exemplo, pódense utilizar en untos ou ungüentos (disolución do aceite esencial da planta nun aceite vexetal neutro), en cremas ou locións, que sería unha emulsión de aceite en auga. A súa aplicación é externa e abrangue, en primeiro lugar, a epiderme. Ademais da aplicación cutánea, a dispersión no mel, nun aceite de uso alimentario ou simplemente aplicando algunha gota de aceite esencial encol dun azucre, permite aproveitar as moléculas activas nos aceites esenciais de xeito oral. Existen ademais cápsulas que permiten a vía oral. Os aerosois que resultan da dispersión no aire polo efecto da nebulización dos aceites esenciais son raramente utilizados, mais a dispersión pode ser obtida eficazmente grazas á utilización de difusores especiais que nebulizan os aceites nun procedemento frío que garante a conservación da esencia dispersada nunha habitación. O emprego de supositorios pode resultar moi útil en certos procesos terapéuticos.

  1. On date généralement la création de ce néologisme à la parution de l’ouvrage Aromathérapie - Les Huiles essentielles - hormones végétales, en 1937.
  2. AROMATERAPIA na páxina web do Grupo de Investigación en Comunicación Científica (en castelán)
  3. Valnet 1964