Saltar ao contido

Araucaria cunninghamii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Araucaria cunninghamii, chamada comunmente araucaria de Australia, ou piñeiro de Baía Moreton, é unha especie do xénero Araucaria que se atopa nas costas de bosques chuviosos do leste de Australia e de Nova Guinea.

Ilustración
Cono

Descrición

[editar | editar a fonte]

Esta especie pode chegar a vivir 450 anos e crecer 60 m de altura. O tronco posúe unha cortiza rugosa e crébase de maneira natural, sen descascarse. As follas dos exemplares novos teñen forma de punzón, de 1-2 cm de lonxitude, e 2 mm de espesor na base, e incurvadas, de 1-2 cm de lonxitude e 4 mm de ancho nos fustes maduros. Os estróbilos (conos) son ovoides, de 8-10 cm de longo. e 6-8 cm de diámetro, e tardan 18 meses en madurar. Ao madurar desintégranse liberando sementes parecidas a noces, que son comestibles.

Cultivo e usos

[editar | editar a fonte]

A madeira é de alta calidade, particularmente importante na industria da madeira laminada, de mobles, enchapados, tornaría, botes. Moitos bosques naturais en Australia e Nova Guinea foron esgotados por talla rasa, polo que se atopa principalmente en plantacións madeireiras. Con todo, a especie segue prosperando en áreas protexidas, como o Parque nacional Lamington[1] Antigamente, os aborixes australianos utilizaban a súa resina como un cemento.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Araucaria cunninghamii foi descrita por William Aiton ex David Don e publicado na Description of the Genus Pinus, ed. 2 3, pl. 79, no ano 1837.[2]

Etimoloxía

Araucaria: nome xenérico xeográfico que alude á súa localización en Arauco.

cunninghamii: epíteto que foi nomeado polo botánico e explorador Allan Cunningham.

Variedades aceptadas

Hai dúas variedades:

Sinonimia
  • Eutacta cunninghamii (Aiton ex D.Don) Link
  • Eutassa cunninghamii (Aiton ex D.Don) G.Don
  • Eutassa cunninghamii (Aiton ex D. Don) Spach[3]
  1. "Nature, culture and history". Queensland Government. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 19 de decembro de 2014. 
  2. Araucaria cunninghamii en Trópicos
  3. "Araucaria cunninghamii Aiton ex D.Don — The Plant List". www.theplantlist.org. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2022. Consultado o 18 de abril de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]