Arabidopsis
- Este artigo trata sobre o xénero. Para o organismo modelo ver Arabidopsis thaliana.
Arabidopsis | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Arabidopsis thaliana | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Especie tipo | |||||||||
Arabidopsis thaliana L. | |||||||||
Especies | |||||||||
Ver texto | |||||||||
Sinonimia | |||||||||
Cardaminopsis (C.A.Mey.) Hayek |
Arabidopsis é un xénero de plantas da familia Brassicaceae. Son pequenas plantas con flores relacionadas coas verzas e a mostaza. Este xénero ten grande interese porque contén a especie Arabidopsis thaliana, un dos organismos modelo usados para estudar a bioloxía das plantas e a primeira planta da que se secuenciou o xenoma completo. Os cambios en A. thaliana son doadamente observables, o que a fai un modelo moi útil.
Status
[editar | editar a fonte]Actualmente, o xénero Arabidopsis ten nove especies e outras oito especies máis adicionais recoñecidas. Esta delimitación é bastante recente e está baseada en filoxenias morfolóxicas e moleculares feitas por O'Kane e Al-Shehbaz[1][2] e outros.
Os seus descubrimentos confirman que as especies anteriormente incluídas en Arabidopsis facían que o xénero fose polifilético. A reclasificación máis recente incorporou ao xénero Arabidopsis dúas especies antes situadas en Cardaminopsis e Hylandra e tres especies antes en Arabis, pero excluíu do xénero 50 especies que foron trasladadas aos novos xéneros Beringia, Crucihimalaya, Ianhedgea, Olimarabidopsis e Pseudoarabidopsis.
Todas as especies de Arabidopsis son indíxenas de Europa, mentres que dúas das especies teñen áreas de distribución máis amplas, estendéndose por América do Norte e Asia.
Nas últimas décadas, Arabidopsis thaliana espertou moito interese científico como organismo modelo para a investigación de numerosos aspectos da bioloxía das plantas. The Arabidopsis Information Resource (TAIR) é unha fonte de información curada en liña sobre a investigación biolóxica e xenética de Arabidopsis thaliana e The Arabidopsis Book[3] é unha compilación en liña de capítulos sobre a bioloxía de Arabidopsis thaliana. (Nótese que a partir de 2013 deixaron de publicarse novos capítulos.) En Europa, o centro de recursos de organismos modelo para o xermoplasma de Arabidopsis thaliana, e fontes bioinformáticas e de bioloxía molecular (incluíndo GeneChips) é o Nottingham Arabidopsis Stock Centre (NASC), mentes que en América do Norte os servizos de xermoplasma proporciónaos o Arabidopsis Biological Resource Center (ABRC) con sede na Universidade de Ohio. O sistema de ordenación do ABRC foi incorporado na base de datos TAIR en xuño de 2001, mentres que o NASC desde o principio (ano 1991) ten o seu propio sistema de ordenación e buscador de xenomas.
En 1982, a tripulación da estación esacial soviética Salyut 7 cultivou alí algunhas Arabidopsis, que foron as primeiras plantas que floreceron e produciron sementes no espazo. Viviron durante 40 días.[4] As sementes de Arabidopsis thaliana leváronse á Lúa na nave de aterraxe Chang'e 4 en 2019, como parte dun experimento para estudantes. En maio de 2022 Arabidopsis thaliana cultivouse con éxito en mostras de terra lunar (regolito) traídas á Terra.[5]
Arabidopsis é bastante similar ao xénero Boechera.
Lista de especies e subespecies
[editar | editar a fonte]- Arabidopsis arenicola (Richardson ex Hook.) Al-Shehbaz, Elven, D.F. Murray & S.I. Warwick (Groenlandia, Labrador, Nunavut, Québec, Ontario, Manitoba, Saskatchewan).
- Arabidopsis arenosa (L.) Lawalrée
- A. arenosa subsp. arenosa (Europa: nativa en Austria, Belarús, Bosnia-Herzegovina, Bulgaria, Croacia, República Checa, nordés de Francia, Alemaña, Hungría, norte de Italia, Letonia, Lituania, Macedonia, Polonia, Romanía, Eslovaquia, Eslovenia, Suíza e Ucraína; naturalizada en Bélxica, Dinamarca, Estonia, Finlandia, Paises Baixos, Noruega, Rusia e oeste de Siberia e Suecia; ausente en Albania, Grecia, centro e sur de Italia e Turquía).
- A. arenosa subsp. borbasii (leste de Bélxica, Repúblic Checa, noroeste de Francia, Alemaña, Hungría, Polonia, Romanía, Eslovaquia, Suíza, Ucraína, e presenza dubidosa en Dinamarca).
- Arabidopsis cebennensis (DC.) (sueste de Francia).
- Arabidopsis croatica (Schott) (Bosnia, Croacia).
- Arabidopsis halleri (L.).
- A. halleri subsp. halleri (Austria, Croacia, República Checa, Alemaña, norte e centro de Italia, Polonia, Romanía, Eslovaquia, Eslovenia, Suíza e sur de Ucraína. Probablemente introducida no norte de Francia e extinta en Bélxica).
- A. halleri subsp. ovirensis (Wulfen) (Albania, Austria, nordés de Italia, Romanía, Eslovaquia, Eslovenia, suroeste de Ucraína, antiga Iugoslavia)
- A. halleri subsp. gemmifera (Matsumura) (leste distante ruso, noroeste da China, Corea, Xapón e Taiwan).
- Arabidopsis lyrata (L.) O'Kane & Al-Shehbaz.
- A. lyrata subsp. lyrata (noroeste da Rusia europea, Alasca, Canadá (Ontario e ao oeste ata a Columbia Británica), e no sueste e centro dos Estados Unidos (de Vermont ao sur ata Xeorxia e Mississippi cara ao norte ata Missouri e Minnesota)).
- A. lyrata subsp. petraea (Linnaeus) O'Kane & Al-Shehbaz (Austria, República Checa, Inglaterra, Alemaña, Hungría, Islandia, Irlanda, norte de Italia, Noruega, Rusia (noroeste de Rusia, Siberia e leste distante), Escocia, Suecia, Ucraína, América do Norte boreal (Alasca e Yukón). Aparentemente extinta en Polonia).
- A. lyrata subsp. kamchatica (Fischer ex D.C.) O'Kane & Al-Shehbaz (Alasca boreal, Canadá (Yukón, distrito de Mackenzie, Columbia Británica, norte de Saskatchewan), illas Aleutianas, leste de Siberia, o leste distante ruso, Corea, norte da China, Xapón e Taiwan).
- Arabidopsis neglecta (Schult.) (Cárpatos (Polonia, Romanía, Eslovaquia e zonas adxacentes de Ucraína)).
- Arabidopsis pedemontana (Boiss.) (noroeste de Italia e probablemente extinta na zona adxacente do suroeste de Suíza).
- Arabidopsis suecica (Fries) Norrlin (Fennoscandinavia e a rexión Báltica).
- Arabidopsis thaliana (L.) Heynh. (área nativa case toda Europa ata Asia central, agora naturalizada por todo o mundo).
Especies reclasificadas
[editar | editar a fonte]As seguintes especies, que antes estaban incluídas dentro de Arabidopsis, actualmente non se consideran parte deste xénero:
- A. bactriana → Dielsiocharis bactriana
- A. brevicaulis → Crucihimalaya himalaica
- A. bursifolia → Beringia bursifolia
- A. campestris → Crucihimalaya wallichii
- A. dentata → Murbeckiella pinnatifida
- A. drassiana →
- A. erysimoides → Erysimum hedgeanum
- A. eseptata → Olimarabidopsis umbrosa
- A. gamosepala → Neotorularia gamosepala
- A. glauca → Thellungiella salsuginea
- A. griffithiana → Olimarabidopsis pumila
- A. himalaica → Crucihimalaya himalaica
- A. huetii → Murbeckiella huetii
- A. kneuckeri → Crucihimalaya kneuckeri
- A. korshinskyi → Olimarabidopsis cabulica
- A. lasiocarpa → Crucihimalaya lasiocarpa
- A. minutiflora → Ianhedgea minutiflora
- A. mollis → Beringia bursifolia
- A. mollissima → Crucihimalaya mollissima
- A. monachorum → Crucihimalaya lasiocarpa
- A. mongolica → Crucihimalaya mongolica
- A. multicaulis → Arabis tibetica
- A. novae-anglicae → Neotorularia humilis
- A. nuda → Drabopsis nuda
- A. ovczinnikovii → Crucihimalaya mollissima
- A. parvula → Thellungiella parvula
- A. pinnatifida → Murbeckiella pinnatifida
- A. pumila → Olimarabidopsis pumila
- A. qiranica → Sisymbriopsis mollipila
- A. richardsonii → Neotorularia humilis
- A. russeliana → Crucihimalaya wallichii
- A. salsugineum → Eutrema salsugineum
- A. sarbalica → Crucihimalaya wallichii
- A. schimperi → Robeschia schimperi
- A. stenocarpa → Beringia bursifolia
- A. stewartiana → Olimarabidopsis pumila]]
- A. stricta → Crucihimalaya stricta]]
- A. taraxacifolia → Crucihimalaya wallichii
- A. tenuisiliqua → Arabis tenuisiliqua
- A. tibetica → Crucihimalaya himalaica
- A. tibetica → Arabis tibetica
- A. toxophylla → Pseudoarabidopsis toxophylla
- A. trichocarpa → Neotorularia humilis
- A. trichopoda → Beringia bursifolia
- A. tschuktschorum → Beringia bursifolia
- A. tuemurnica → Neotorularia humilis
- A. verna → Drabopsis nuda
- A. virgata → Beringia bursifolia
- A. wallichii → Crucihimalaya wallichii
- A. yadungensis →
Citoxenética
[editar | editar a fonte]A análise citoxenética mostrou que o número haploide de cromosomas (n) varía entre as especies do xénero e dentro dunha mesma especie:[6]
A. thaliana é n=5[7] e a secuenciación do ADN desta especie completouse en 2001. A. lyrata ten n=8, pero algunhas subespecies ou poboacións son tetraploides.[8] Varias subspecies de A. arenosa teñen n=8, pero poden ser 2n (diploides) ou 4n (tetraploides).[9] A. suecica é n=13 (5+8) e é unha especie anfidiploide orixinada por hibridación entre A. thaliana e a A. arenosa diploide.[10]
A. neglecta é n=8, como tamén o son varias subespecies de A. halleri.[9]
En 2005, A. cebennensis, A. croatica e A. pedemontana non foran aínda investigadas citoloxicamente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O'Kane, Steve L.; Al-Shehbaz, Ihsan A. (1997). "A synopsis of Arabidopsis (Brassicaceae)". Novon 7 (3): 323. JSTOR 3391949. doi:10.2307/3391949.
- ↑ O'Kane, Steve L.; Al-Shehbaz, Ihsan A. (2003). "Phylogenetic position and generic limits of Arabidopsis (Brassicaceae) based on sequences of nuclear ribosomal DNA". Annals of the Missouri Botanical Garden 90 (4): 603. JSTOR 3298545. doi:10.2307/3298545.
- ↑ "The Arabidopsis Book". American Society of Plant Biologists. 2019-04-13. Consultado o 2021-08-14.
- ↑ "First species of plant to flower in space". Guinness World Records (en inglés). Consultado o 2017-03-10.
- ↑ Keeter, Bill (2022-05-12). "Scientists Grow Plants in Lunar Soil". NASA. Consultado o 2022-05-13.
- ↑ Al-Shehbaz, Ihsan A.; O'Kane Jr, Steve L. (2002). "Taxonomy and Phylogeny of Arabidopsis (Brassicaceae)". The Arabidopsis Book. Volume 1. The Arabidopsis Book 1 (The American Society of Plant Biologists). pp. e0001. PMC 3243115. PMID 22303187. doi:10.1199/tab.0001.
- ↑ Lysak, M. A; Berr, A; Pecinka, A; Schmidt, R; McBreen, K; Schubert, I (2006). "Mechanisms of chromosome number reduction in Arabidopsis thaliana and related Brassicaceae species". Proceedings of the National Academy of Sciences 103 (13): 5224–5229. Bibcode:2006PNAS..103.5224L. PMC 1458822. PMID 16549785. doi:10.1073/pnas.0510791103.
- ↑ Dart, Sara; Kron, Paul; Mable, Barbara K (2004). "Characterizing polyploidy in Arabidopsis lyrata using chromosome counts and flow cytometry". Canadian Journal of Botany 82 (2): 185. doi:10.1139/b03-134.
- ↑ 9,0 9,1 Joly, Simon; Schmickl, Roswitha; Paule, Juraj; Klein, Johannes; Marhold, Karol; Koch, Marcus A. (2012). "The Evolutionary History of the Arabidopsis arenosa Complex: Diverse Tetraploids Mask the Western Carpathian Center of Species and Genetic Diversity". PLOS ONE 7 (8): e42691. Bibcode:2012PLoSO...742691S. ISSN 1932-6203. PMC 3411824. PMID 22880083. doi:10.1371/journal.pone.0042691.
- ↑ Jakobsson, Mattias; Hagenblad, Jenny; Tavaré, Simon; SäLl, Torbjörn; Halldén, Christer; Lind-Halldén, Christina; Nordborg, Magnus (2006). "A Unique Recent Origin of the Allotetraploid Species Arabidopsis suecica: Evidence from Nuclear DNA Markers". Molecular Biology and Evolution 23 (6): 1217–31. PMID 16549398. doi:10.1093/molbev/msk006.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Al-Shehbaz, I. A., O'Kane, Steve L. (2002). Taxonomy and Phylogeny of Arabidopsis (Brassicaceae). The Arabidopsis Book: 1-22.
- Ceccato, Luca; Masiero, Simona; Sinha Roy, Dola; Bencivenga, Stefano; Roig-Villanova, Irma; Ditengou, Franck Anicet; Palme, Klaus; Simon, Rüdiger; Colombo, Lucia (2013-06-17). Grebe, Markus (ed.). "Maternal Control of PIN1 Is Required for Female Gametophyte Development in Arabidopsis". PLoS ONE. 8 (6): e66148. doi:10.1371/journal.pone.0066148. ISSN 1932-6203. PMC 3684594. PMID 23799075.
- O'Kane Jr, S. L., i Al-Shehbaz, I. A. (1997). A synopsis of Arabidopsis (Brassicaceae): Novon 7: 323–327.
- O'Kane Jr, S. L., i Al-Shehbaz, I. A. (2003). Phylogenetic position and generic limits of Arabidopsis (Brassicaceae) based on sequences of nuclear ribosomal DNA: Annals of the Missouri Botanical Garden 90 (4): 603–612.
- "The Arabidopsis Book". American Society of Plant Biologists. 2019-04-13. Consultado o 2021-08-14. (Nótese que en 2013 o ASPB decidiu deixar de publicar novos capítulos.)