Antonio Peinado García
Biografía | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | c. 1894 A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||
Morte | 27 de novembro de 1959 (64/65 anos) A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||
Ocupación | bombeiro, futbolista, boxeador | ||||||||||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||||||||||
Deporte | boxeo fútbol | ||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Antonio Peinado García, máis coñecido como Mella, nado na Coruña c. 1894 e finado na mesma cidade o 27 de novembro de 1959, foi un futbolista, boxeador, bombeiro e sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Debutou na dianteira do Deportivo da Coruña o 30 de agosto de 1914, no primeiro dos dous partidos que os futbolistas do club xogaron contra o Real Club Coruña sen permiso da directiva e que provocaron a posterior escisión chamada Deportivo Auténtico.[1] Militou na escisión durante os seus catro anos de existencia, disputando o Campionato de Galicia, e volveu ao Deportivo trala reunificación de 1918. Xogou no Deportivo nove anos máis, proclamándose campión galego na tempada 1926/27, aínda que os últimos anos pasounos como suplente. En abril de 1926 xogou un partido de cuartos de final da Copa do Rei, contra o Real Unión no estadio de Amute en Hondarribia. En 1927 pasou ao Olímpico FC (antigo Racing Orillamar), co que disputou a Serie B do Campionato de Galicia.
Posteriormente foi boxeador, derrotando entre outros a Eladio Cabaco ou Vázquez, e gañando o título de campión galego do peso wélter.[2][3][4]
Bombeiro de profesión e de ideoloxía socialista, foi delegado da Federación Local de UXT e membro da Federación de Colectividades Socialistas.[5][6] Coa chegada do franquismo foi xulgado na Coruña por rebelión e condenado a doce anos de prisión.[7] Faleceu na Coruña o 27 de novembro de 1959, aos 65 anos, [4]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Deportivo da Coruña
- Campionato de Galicia (1): 1926/27.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "De sport". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de agosto de 1914. p. 3.
- ↑ "Una sesión de boxeo". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de maio de 1929. p. 2.
- ↑ "Los matchs de boxeo del domingo". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de setembro de 1930. p. 5.
- ↑ 4,0 4,1 "Falleció Mella, antiguo jugador del Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de novembro de 1959. p. 5.
- ↑ "Los dependientes municipales". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de abril de 1933. p. 5.
- ↑ "Vida social y obrera". El Ideal Gallego (en castelán) (4089). 14 de outubro de 1933. p. 8. Consultado o 12 de novembro de 2021.
- ↑ Antonio Peinado García na base de datos do proxecto Nomes e voces.