Anthony Kiedis
(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de novembro de 1962 (62 anos) Grand Rapids, Estados Unidos de América (pt) |
Outros nomes | Antwan the Swan |
Residencia | Os Ánxeles |
Educación | Universidade de California, Os Ánxeles Fairfax High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, rapeiro, compositor de cancións |
Período de actividade | 1983 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock, funk rock (pt) e rock alternativo |
Tesitura | Barítono |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Fillos | Everly Kiedis |
Pai | Blackie Dammett |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | redhotchilipeppers.com |
|
Anthony Kiedis, nado en Grand Rapids (Míchigan) o 1 de novembro de 1962, é un cantante estadounidense, voz da banda de funk rock Red Hot Chili Peppers.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É fillo de John Kiedis e Margaret "Peggy" Noble, que se divorciaron en 1968 cando Anthony tiña 6 anos. Estudou na Fairfax High School e participou en numerosas bandas que nunca foron consideradas como tal. Non foi ata principios do ano 1982 cando se xuntou con 3 compañeiros e fundou o grupo chamado, por aquel entón, 'Tony Flow & The Miraculously Majestic Masters of Mayhem'. Estes compañeiros eran: Michael Balzary (coñecido coma "Flea") que tocaba o baixo, quen aínda pertence ao grupo; o batería Jack Irons e Hillel Slovak, falecido o 27 de xuño de 1988 por unha sobredosis de heroína. En 1983 cambiaron o nome ao actual. A súa profesora de inglés, Mrs. Vernon, animoulle a escribir poesía, facendo algunhas das cales se converterían anos máis tarde en cancións coma Under the Bridge (1991), onde fala da súa época onde estivo perdido nas drogas e viviu ata debaixo dunha ponte.
O seu estilo de cantar foi cambiando drasticamente segundo pasaban os anos. Aprendeu a controlar a súa voz álbum tras álbum. Comezou rapeando, estilo que podía facer a velocidades extremas mantendo un ritmo consistente. A partir de "Mother's Milk" (cuarto disco da banda, sacado á venda en 1989), Anthony escribiu cancións con letras máis melódicas, cun estilo máis funk. Co paso dos anos, Kiedis preferiu o canto antes que o rapeo. Moitos críticos están de acordo en opinar que a súa voz mellorou moito e que quizais a súa máxima expresión a tomase no último álbum dos Red Hot Chili Peppers, Stadium Arcadium (2006).
O 2 de outubro do 2007, tivo o seu fillo primoxénito coa modelo de 21 anos, Heather Christie, bautizado co nome de Everly Bear Kiedis. Recentemente, separouse de Heather Christie.
Kiedis gañou o posto número 1 á celebridade vexetariana máis sexy do mundo en 2008, xunto a Leona Lewis.
En verán dese mesmo ano, Kiedis foi ingresado no hospital dos Ánxeles por un problema nun ril. Os médicos planteáronse transplantarlle o ril, mais non o fixeron. O seu representante indicou que Kiedis estaba mellorando.