Ankh-Morpork
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
Este artigo ou sección describe un tema de ficción principalmente desde unha perspectiva ficticia. Por favor, revise o contido e reescriba o mesmo para explicar a ficción con claridade, desde a perspectiva do mundo real. |
Ankh-Morpork é a cidade máis grande das novelas de Mundodisco de Terry Pratchett. Está situada a rentes do Mar Circular (Circle Sea) entre as rexións de Klatch e Lancre, e rodeada dos campos de coles das chairas Sto. A súa poboación fórmana cerca de cen mil almas (repartidas nun millón de corpos). Son dúas cidades separadas por un río, ó Ankh, que está tan cheo de lixo que se pode cruzar andando.
Goberno
[editar | editar a fonte]O dirixente da cidade é chamado Patricio e é escollido de entre os líderes dos diferentes gremios, xeralmente por ser o máis destacado de entre eles. A cidade actualmente está dirixida por un sistema democrático de "un home, un voto"; no cal o home é o patricio e o voto é o seu. O nome do actual patricio é Lord Vetinari, foi o líder do gremio de asasinos da cidade e as súas accións políticas máis notorias foron legalizar e organizar os diferentes gremios criminais da cidade, xa que, segundo o seu punto de vista é inevitable que haxa crime así que polo menos que sexa crime organizado e que pague impostos.
Gremios
[editar | editar a fonte]Os gremios encárganse de regular tódolos aspectos da vida cotiá (incluíndo os aspectos criminais) e poñen un grande interese en que as normas sexan cumpridas castigando eles mesmos a quen non as cumpra. Os gremios máis importantes e poderosos son: o gremio de ladróns mais o de asasinos, ambos teñen unhas cotas "razoables" de mortos e roubos o ano, que no caso de ser superados son castigados. Por exemplo no gremio de ladróns existe a posibilidade de que cada ano un cidadán poida acordar a cantidade de veces que vai ser asaltado, a cantidade de cartos que van ser roubados, a de insultos e a natureza dos golpes,... Despois de cada servizo á vítima dáselle unha factura polos servizos prestados; que sexan criminais non significa que sexan deshonestos.
Outra importante contribución dos gremios é a de evitar que individuos non inscritos ou educados no gremio fagan traballos propios do seu gremio, xa que isto é considerado ilegal, polo que é común que no teito da sede dalgúns gremios os corpos destas persoas sexan usados como viraventos para disuadir estas ideas noutras persoas.
Consello
[editar | editar a fonte]En caso de catástrofe convocase un Consello, consistente nos xefes dos gremios máis importantes, o Archicanciller da Unseen University(UU) e ós sacerdotes dos principais templos.
The City Watch
[editar | editar a fonte]Por outra parte, a idea de que os gremios controlen ós seus membros deixou obsoleta a idea de Policía, e a The City Watch estará inoperante ata que o capitán e futuro comandante e Duque da cidade se decida a revitalizala.
Unseen University
[editar | editar a fonte]Outra das institucións principais na vida social de Ankh-Morpork é a Unseen University (UU), produtora de magos de gran calibre como Rincewind. A UU é o principal centro de maxia do Discworld, pero compre dicir que dicir que é parte da cidade é case metafórico, xa que existe en varias dimensións á vez.