Ana Torrent
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ana Torrent Bertrán de Lis 12 de xullo de 1966 (58 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema |
Período de actividade | 1973 - |
Ana Torrent Bertrán de Lis, nada en Madrid o 12 de xullo de 1966, é unha actriz española. Foi nomeada aos premios Goya á mellor actriz por Tesis de Alejandro Amenábar.
De nena, foi a actriz principal das películas Cría cuervos e El espíritu de la colmena.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Torrent debutou no cine aos 7 anos protagonizando a película El espíritu de la colmena, de Víctor Erice pola que obtivo o Fotogramas de Prata á mellor actriz do cine español. Víctor Erice lembra: «Os nenos tenden a mesturar a realidade e a ficción. Ana non entendía por que os actores se chamaban dunha maneira e cando empezabamos a rodar, tiñan outro nome. Decidín cambiar os nomes de todos os personaxes polo nome real dos intérpretes». Dous anos despois foi a actriz principal da película Cría cuervos.
Foi escollida polos cronistas de espectáculos de Nova York a Mellor Actriz do ano, galardón que obtivo protagonizando El nido con 13 anos, así como o Premio á Mellor Actriz no Festival Internacional de Cine de Montreal.
Cando acabou a escola, Torrent non tiña claro se seguiría no mundo do cine, con todo foi estudar interpretación con Cristina Rota e máis tarde con Uta Hagen en Nova York.
O seu maior logro e actuación é en Tesis, de Alejandro Amenábar, un grande éxito de recadación na que era Ángela, unha moza universitaria que elaboraba unha tese sobre as películas snuff. Obtivo un nomeamento ao Premio Goya á mellor interpretación feminina protagonista. Destacou tamén a súa interpretación como Catarina de Aragón na superproducción The Other Boleyn Girl.
Premios
[editar | editar a fonte]- 1981 Festival de Montreal: Premio á mellor actriz por El nido, de Jaime de Armiñán.
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1996 | Mellor interpretación feminina protagonista | Tesis | Candidata[1] |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1973 | Mellor intérprete de cine español | El espíritu de la colmena | Gañadora |
Premios ACE (Nova York)
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2004 | Mellor actriz protagonista | Una preciosa puesta de sol | Candidata |
1997 | Mellor actriz protagonista | Tesis | Gañadora |
1983 | Mellor actriz protagonista | El nido | Gañadora |
1977 | Mellor actriz protagonista | El espíritu de la de la colmena | Gañadora |
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Película | Dirección |
---|---|---|
2020 | Nieva en Benidorm | Isabel Coixet |
2018 | El desentierro | Nacho Ruipérez |
2017 | Verónica | Paco Plaza |
2011 | Encontrarás dragones | Roland Joffé |
2008 | NO-DO | Elio Quiroga |
2008 | 14, Fabian Road | Jaime de Armiñán |
2008 | The Other Boleyn Girl | Justin Chadwick |
2007 | <i id="mw1w">El hombre de arena</i> | José Manuel González-Berbel |
2004 | <i id="mw3g">Iris</i> | Rosa Vergés |
2003 | Una preciosa puesta de sol | Álvaro del Amo |
2001 | Juego de luna | Mónica Laguna |
2001 | <i id="mw8w">Sagitario</i> | Vicente Molina Foix |
1999 | Yoyes | Helena Taberna |
1998 | El grito en el cielo | Felix Sabroso e Dunia Ayaso |
1996 | Tesis | Alejandro Amenábar |
1995 | El palomo cojo | Jaime de Armiñán |
1995 | Puede ser divertido | Azucena Rodríguez |
1994 | Entre rojas | Azucena Rodríguez |
1992 | Vacas | Julio Medem |
1989 | Sangre y arena | Javier Elorrieta |
1985 | Los paraísos perdidos | Basilio Martín Patino |
1983 | La hija rebelde[2] | Gustav Ehmck |
1980 | El nido | Jaime de Armiñán |
1980 | Operación Ogro | Gillo Pontecorvo |
1977 | Elisa, vida mía | Carlos Saura |
1975 | Cría cuervos | Carlos Saura |
1973 | El espíritu de la colmena | Víctor Erice |
Teatro
[editar | editar a fonte]- Las criadas (2020), de Jean Genet
- Todas las noches de un día (2019), de Alberto Conejero
- Pingüinas (2015), de Fernando Arrabal
- Ricardo III (2015), de Shakespeare
- Fuegos (2013), de Marguerite Yourcenar
- Madame Bovary (2012), dirixida por Magüi Mira e con texto adaptado por Emilio Hernández. Teatro Bellas Artes
- La profesión de la señora Warren (1997), de George Bernard Shaw.
- El rufián en la escalera (1996), de Joe Orton.
- Las mocedades del Cid (1990), de Guillem de Castro.
Televisión
[editar | editar a fonte]- Anillos de Oro, serie de TV escrita por Ana Diosdado (1983), capítulo titulado 'A corazón abierto'.
- UCO, TVE 1, (2008; 2013)
- Carta a Eva, miniserie dirixida por Agustí Villaronga, TVE 1, (2013)
- Amar es para siempre, como Rosalía Feijóo Maza, Antena 3, (2016-2017; 2018)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Film Affinity
- ↑ "La hija rebelde (Mir reicht's - ich steig aus)". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2009. Consultado o 19 de novembro de 2010.