Saltar ao contido

Altiplano, Murcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAltiplano, Murcia
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°N 1°O / 39, -1
EstadoEspaña
Comunidade autónomaRexión de Murcia Editar o valor en Wikidata
CapitalYecla Editar o valor en Wikidata

O Altiplano é a comarca máis setentrional da Rexión de Murcia. Limita ao leste co Alt Vinalopó e o Vinalopó Mitjà (na provincia de Alacant); ao sur coa Comarca Oriental e a Vega Alta del Segura, ao oeste á Comarca de Campos de Hellín, e ao norte á Comarca de Almansa (na provincia de Albacete).

Está constituída polos municipios de Yecla e Jumilla e conta con 56.134 habitantes. Yecla ten a aldea de Raspay e Jumilla ten 13 pedanias o aldeas : A Estacada, a Alquería, Santa Ana, Fuente del pino, Cañada del trigo, Torre del Rico, Carche, a Raja, As Encebras, A Zarza, A Alberquilla, Román, Término de Arriba entre outras casas rústicas Está formada por anchos vales de certa altitude relativa atravesados por unha rede de corgos, a maioría das cales verten as súas augas ao río Segura a través dos corgos do Judío e do Muro. Os vales do Altiplano están rodeados por diversas serras pertencentes ao sistema prebético, entre as que destaca a Serra do Carche como máxima altitude. Destaca pola súa vitivinicultura.

Concellos

[editar | editar a fonte]
Concello Extensión
(km²)
Poboación
(hab.)
Densidade
(hab./km²)
Jumilla 972 25.348 24,9
Yecla 607,7 30.824 55,2
1579,7 56.208 35,58

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]