Alternativa Galega
Alternativa Galega (AG) foi un partido político galego de ideoloxía centrista, dirixido por Pastor Alonso Paz, antigo alcalde de Noia polo BNG e formado por antigos membros de Coalición Galega. Nas eleccións xerais españolas de 1993 e nas eleccións ao Parlamento de Galiza de 1993 só obtivo pouco máis de 3.000 votos e ningún escano. O partido disolveuse un tempo despois e parte dos seus membros pasaron anos máis tarde a Terra Galega.
No 2012, Terra Galega inseríuse na coalición Compromiso por Galicia en vista das eleccións autonómicas dese mesmo ano.
En setembro de 2012, Esquerda Unida e Anova - Irmandade Nacionalista crean unha coalición electoral de cara aos comicios autonómicos do 21 de outubro chamada Alternativa Galega[1]. Por mor de que esta etiqueta segue rexistrada desde o ano 1993, en referencia ao devandito partido dirixido por Pastor Alonso Paz, vense na obriga de mudar o nome por Alternativa Galega de Esquerda[2].
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Beiras e EU asinan o pacto no que non estará Compromiso por Galicia Arquivado 10 de marzo de 2016 en Wayback Machine. La Voz de Galicia
- ↑ La coalición de Anova y Esquerda Unida se llamará Alternativa Galega de Esquerdas Arquivado 13 de setembro de 2012 en Wayback Machine. La Voz de Galicia