Alpes Dináricos
Os Alpes Dináricos (Alpi Dinariche, en italiano; Dinaridi ou Dinarsko gorje en croata e serbio) son unha cordilleira situada na Europa meridional que abrange partes de Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina, Serbia Montenegro e Albania.
A cordilleira esténdese ó longo de 645 km pola costa do mar Adriático, no sentido noroeste-sueste, dende os Alpes Xulianos (noroeste) ata o macizo Šar-Korab, onde pasa ó sentido norte-sur. A maior elevación dos Alpes Dináricos é o monte Prokletije, na fronteira do Montenegro oriental coa Albania setentrional, co cume a 2.692 m, chamado Lago Cimo (Maja Jezerce en albanés, Jezerski vrh en serbio).
Os Alpes Dináricos constitúen a área máis accidentada e montañosa de Europa, exceptuando ós Alpes suízos. Están formados esencialmente de rocha sedimentaria, secundarias e terciarias de dolomita, calcario, arenito e conglomerados formados polos mares e lagos que cubrían a rexión no pasado.