Alotau
Aparencia
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Reinos da Commonwealth | Papúa Nova Guinea | |||
Provincias | Milne Bay | |||
District of Papua New Guinea (en) | Alotau District (en) | |||
Capital de | ||||
Xeografía | ||||
Altitude | 6 m | |||
Alotau é a capital da provincia de Milne Bay, unha provincia de Papúa Nova Guinea. Atópase na costa setentrional da Milne Bay. No ano 2000 tiña 10.025 habitantes.
Atópase dentro da área onde o exército xaponés sufriu a súa primeira derrota terrestre da Guerra do Pacífico en 1942, pouco antes da batalla de Kokoda Track. Converteuse en capital en 1969 tras quitarlle o posto a Samarai.[1]
Hai unha pista desde Ulumani até Alotau que pasa polo aeroporto local de Gurney (chamado así por Charles Raymond Gurney, do exército australiano, que morreu na zona en 1942). O aeroporto atópase a 12 km do pobo.
Alotau é porta de entrada de Milne Bay, que contén algunhas das illas máis remotas do mundo. É coñecido tamén polo seu arrecife de coral.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ PNG ports (ed.). "Alotau" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de marzo de 2012. Consultado o 25 de setembro de 2011.