Alianza Democrática (Suráfrica)
Alianza Democrática | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Líder | Athol Trollip |
Filiación internacional | Internacional Liberal Rede Liberal de África |
Historia | |
Fundación | 24 de xuño de 2000 |
Precedido por | Partido Demócrata |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Liberalismo, Liberalismo económico |
Posición política | Centro, con tendencias de centrodereita e centroesquerda |
Representación | |
Consello Nacional das Provincias | 20 / 90 |
Asemblea Nacional | 84 / 400 |
Lexislaturas Provinciais | 91 / 430 |
Parlamento Panafricano | 1 / 5 |
Outros datos | |
Sede | 2.° piso, Theba Hosken House, c/o Breda e Mill Street, Cidade do Cabo, Cabo Occidental |
Na rede | |
https://da.org.za | |
A Alianza Democrática (DA en inglés, de Democratic Alliance, en afrikaans Demokratiese Alliansie) é un partido político surafricano e o principal partido da oposición, enfrontado ao partido gobernante Congreso Nacional Africano (ANC). De ideoloxía liberal fundado en 2000 a partir do Partido Demócrata, por entón o principal partido de oposición. Defínese simplemente como "liberal" e aínda que habitualmente se relaciona coa centrodereita,[1] tamén ten inclinacións cara ao centro e á centroesquerda.[2]
O partido foi creado no ano 2000 trala unión do Partido Democrático (DP), do Nuwe Nasionale Party (NNP) e da pequena Alianza Federal (FA). A unión aguantou até finais do ano 2001, cando o NNP e a FA deixaron o partido, gardando o DP o novo nome. O primeiro líder do partido foi Tony Leon, que foi substituído en maio de 2007 por Helen Zille, a alcaldesa de Cidade do Cabo e dende o 2009 a Xefe de Goberno da provincia do Cabo Occidental. No ano 2015 decidiu non volver a presentarse á reelección de líder do partido e foi substituída por Mmusi Maimane, a primeira vez que o partido foi dirixido por un líder negro.
É o principal partido da oposición no país, obtendo nas eleccións de 2014 un 22,23% dos votos (59,4% na Provincia do Cabo Occidental), tendo crecido un 5,57% fronte ás eleccións anteriores (16,7%). Alianza Democrática obtivo a maioría absoluta na Provincia Occidental do Cabo, sendo a única provincia gobernada pola oposición (desde 2009), así como é o partido máis votado e o partido gobernante na Cidade do Cabo desde 2006 (con resultados de máis do 60% dos votos tanto nas eleccións locais de 2016 como nas nacionais e provinciais de 2014).
Nas eleccións municipais de 2016, a DA obyivo o 27% dos votos (16% en 2006), gañando o goberno de 39 municipalidades, 17 con maioría absoluta (entre elas Cidade do Cabo onde obtivo o 61% dos votos e 154 dos 231 postos do Consello). Na Provincia do Cabo Occidental a DA obtivo máis do 60% do voto e gañou en 23 das 26 municipalidades (gobernando en 25 das 26), as outras 6 municipalidades gañounas nas provincias do Cabo Oriental (a grande metrópole de Port Elizabeth e o municipio de Kouga-Jeffreys Bay), en Gauteng (as metrópoles de Pretoria-Tshwane, Xohanesburgo e Erkurhuleni e os municipios de Midvaal-Meyerton e Mogale-Krugersdorp), no Estado Libre (Metsimaholo-Sasolburg), en Limpopo (Modimolle/Mookgopong e Thabazimbi) e en Cabo Norte (Hantam-Calvinia, Nama Khoi, Kgatelopele-Daniëlskuil e Ubuntu-Victoria West).[3]
O partido incrementou os seus resultados electorais até as eleccións xerais de 2019 cando perdeu votos por primeira vez ficando nunha porcentaxe de votos do 20,7%. Na provincia do Cabo Occidental conseguiu o DA a maioría absoluta no 2009, sendo esta a única provincia de Suráfrica na que o ANC non goberna.
O seu actual líder é John Steenhuisen, quen exerce en calidade de interino desde outubro de 2019 tras a renuncia de Mmusi Maimane. Maimane fora o primeiro líder do partido de raza negra. Esta renovación interna permitiulle á Alianza Democrática obter triunfos electorais na elección municipal do 2016, no cal o partido obtivo os municipios de Xohanesburgo, Tshwane, que inclúe a capital, Pretoria, e Municipio Metropolitano de Nelson Mandela Bay, que inclúe Porto Elizabeth, ademais de reter o municipio de Cidade do Cabo onde ampliou a súa maioría absoluta.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A critique of the Democratic Alliance, Frans Cronje, South African Institute of Race Relations, november 2008 " the DA whose centre-right position in South African politics could now face a credible challenge for the first time"
- ↑ Focus on Gordhan and Manuel, John Matisonn, 29 de abril 2009, "Many DA policies are to the left of Cope [itself a centre-left party]"
- ↑ "The supporter profiles of SA`s three largest parties - Ipsos - NEWS & ANALYSIS - Politicsweb". www.politicsweb.co.za. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2016. Consultado o 09 de abril de 2021.
- ↑ "Redirecting...". www.rdm.co.za. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 09 de abril de 2021.