Alfredo II
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1920 Río de Xaneiro, Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 23 de outubro de 1997 (77 anos) Río de Xaneiro, Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 168 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 72 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1937 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1950 | Mundial de Fútbol Brasil 1950 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1945 | Campeonato Sul-Americano de Futebol de 1945 (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Alfredo dos Santos, máis coñecido como Alfredo II, nado no Río de Xaneiro o 1 de xaneiro de 1920 e finado o 23 de outubro de 1997, foi un futbolista brasileiro, que xogaba de centrocampista.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Desenvolveu case toda a súa carreira no Vasco da Gama, agás un ano co Flamengo (1949).[1] Recibiu o alcume de "Alfredo II" dado que no Vasco xogaba outro Alfredo.[2] Gañou con ese club cinco Campionatos Cariocas (1945, 1947, 1949, 1950 e 1952) e o Campionato Suramericano de Campións, considerado o precursor da Copa Libertadores.
Selección brasileira
[editar | editar a fonte]Foi catro veces internacional coa selección brasileira, coa que disputou o Mundial de 1950, no que o seu equipo acabou subcampión despois de perder contra o Uruguai no célebre Maracanazo. Xogou un só partido durante o torneo, un empate a dous goles contra Suíza no que marcou o primeiro gol do encontro.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "ALFREDO II - MEIO-CAMPO". Confederación Brasileira de Fútbol (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2009. Consultado o 27 de abril de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 "Fim do mistério: Alfredo II, do Expresso da Vitória e da Seleção Brasileira na Copa de 1950, faleceu em 1997" (en portugués). 12 de xuño de 2014. Consultado o 27 de abril de 2022.
- ↑ "Brasil - Suíza 1950". FIFA (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2022.