Alfonso Fandiño Ricart
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1908 Santiago de Compostela, España |
Morte | 17 de setembro de 1991 (82/83 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista |
Francisco Alfonso Fandiño Ricart, nado en Santiago de Compostela cara 1908 e finado na Coruña o 17 de setembro de 1991, foi un militante anarcosindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pintor de profesión e militante anarcosindicalista como os seus irmáns Antonio e Manuel, cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era secretario da Federación Local de Sindicatos de Santiago de Compostela integrada na CNT. Artellou a expedición proletaria que saíu en axuda dos obreiros coruñeses. Fracasada a resistencia, fuxiu dende Muros nun bou cara a Francia. Dende alí volveu a Asturias e foi un dos animadores e secretario da Agrupación Confederal Galaica de Asturias e xa en Valencia da Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios. Coa derrota da República, marchou ao exilio en Francia [Cómpre referencia]. Regresou á Coruña nos anos sesenta e defendeu a volta da CNT á legalidade previo pacto cos xerarcas falanxistas da CNS. Cando caeu o franquismo, militou na CNT. Finou na Coruña o 17 de setembro de 1991.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Mercedes Búa Tajes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 19-9-1991, p. 65.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela: Positivas. p. 104. ISBN 84-87783-79-1.
- Pereira, Dionisio (1998). Sindicalistas e rebeldes. Anacos da historia do movemento obreiro na Galiza. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 84-89976-29-5.