Saltar ao contido

Alberto Gende

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlberto Gende
Biografía
Nacemento1972 Editar o valor en Wikidata
Carballo, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de marzo de 2012 Editar o valor en Wikidata (39/40 anos)

Alberto Gende Díaz, nado en Carballo en 1972 e finado o 9 de marzo de 2012, foi un pintor e deseñador gráfico galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Artes Plásticas e Deseño na Coruña e dedicouse profesionalmente ao deseño gráfico campo no que produciu a imaxe de eventos da súa comarca, como o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) ou o Festival Sereas e Piratas, así como para campañas de promoción do galego ou comerciais. Comezou a expoñer pintura en 2005. As súas obras foron premiadas no X Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo (en 2007) e no IX Certame de Pintura Comarca do Sar, de Padrón, entre outros galardóns e exposicións colectivas. Entre as súas influencias el mesmo sinalaba a Robert Rauschenberg[1]. En 2012, unhas semanas antes do seu falecemento, inaugurou a súa primeira exposición individual, titulada Pinturas ocultas, na súa vila natal.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]