Agustín Iglesias Caunedo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de febreiro de 1971 (53 anos) Oviedo, España |
Q69893969 | |
2 de marzo de 2013 – ← Gabino de Lorenzo | |
Alcalde de Oviedo | |
10 de xaneiro de 2012 – 13 de xuño de 2015 ← Gabino de Lorenzo – Wenceslao López Martínez → | |
Oviedo municipal councillor (en) | |
25 de maio de 2003 – 15 de xuño de 2019 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Alfonso X el Sabio |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Agustín Iglesias Caunedo, nado en Oviedo o 10 de febreiro de 1971, é un político asturiano do Partido Popular. Desde xaneiro de 2012 é o alcalde de Oviedo, cargo no que sucedeu a Gabino de Lorenzo,[1] ademais de secretario xeral do Partido Popular de Oviedo. Tamén ten o cargo de director de Ibermutuamur en Oviedo desde 1999, aínda que actualmente está en excedencia. É ademais vicepresidente segundo de Cajastur.[2]
Estudou nas escolas de San Pedro de los Arcos primeiro e no colexio Parque Infantil a continuación, antes de terminar o bacharelato no Colexio Loyola, onde estudaba cando se afiliou ás Novas Xeracións do Partido Popular con 16 anos. Matricoulse en Dereito na Universidade de Oviedo, pero aínda non se licenciou.[3]
Está divorciado de Isabel Pérez-Espinosa.[4]
Obtivo a súa primeira acta de concelleiro na primeira lexislatura de Gabino de Lorenzo. Entre os anos 1991 e 1995 foi concelleiro delegado de Xuventude, Emprego, Promoción Social e Mercados. Logo foi deputado da Xunta Xeral do Principado de Asturias, onde foi portavoz do Grupo Parlamentario Popular. En 2003 regresou ao Concello como edil de Orzamentos e Coordinación.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Neira, Susana (9 de xaneiro de 2012). "Caunedo 'hereda' hoy la Alcaldía de Oviedo con la marcha de De Lorenzo". El Comercio. Consultado o 22 de maio de 2013.
- ↑ "Órganos de gobierno de Cajastur". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2013. Consultado o 22 de maio de 2013.
- ↑ S. Naveros, Lucía (8 de xaneiro de 2011). "Un boy scout en la corte del rey Gabino". La Nueva España. Consultado o 22 de maio de 2013.
- ↑ "ISABEL PÉREZ-ESPINOSA «NO VOY A ESCONDER A MI HIJO COMO ZP»". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2012. Consultado o 18 de xullo de 2012.
- ↑ Rey, Idoya (6 de xaneiro de 2012). "El paciente escudero". El Comercio. Consultado o 22 de maio de 2013.
Predecesor: Gabino de Lorenzo Ferrera |
Alcalde de Oviedo 2012-actualidade |
Sucesor: No cargo |