Aeroporto de Shanghai-Pudong
Aeroporto de Shanghai-Pudong
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Cidade/Illa | Shanghai | ||
Localización | Pudong | ||
Elevación (msnm) | 4 metros / 13 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
17L/35R | 4 000 | 13 123 | formigón |
16R/34L | 3 800 | 12 467 | formigón |
17R/35L | 3 400 | 11 155 | formigón |
16L/34R | 3 800 | 12 467 | formigón |
15/33 | 3 400 | 11 155 | formigón |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 66 002 414 |
O aeroporto internacional de Shanghai-Pudong (IATA: PVG, ICAO: ZSPD) é un dos dous aeroportos internacionais de Shanghai e un dos principais centros de conexións por aire da China. O aeroporto serve principalmente voos internacionai, mentres que o outro aeroporto da cidade, o de Shanghai-Hongqiao, opera sobre todo voos domésticos e rexionais. Está situado a uns 30 quilómetros ao leste do centro da cidade.
O aeroporto é o principal centro de conexións para China Eastern Airlines e Shanghai Airlines, e un gran centro de conexións internacional para Air China, ademais de ser un centro secundario de China Southern Airlines. Tamén é un centro de conexións para as aeroliñas privadas Juneyao Airlines e Spring Airlines, é un centro de conexións de carga na zona Asia-Pacífico para UPS Airlines e DHL Aviation.
O aeroporto de Pudong ten dúas terminais de pasaxeiros principais, flanqueadas en ámbolos dous lados por catro pistas de aterraxe paralelas.[1] Dende o ano 2016 está planeada a construción dunha terceira terminal de pasaxeiros, unha terminal satélite e dúas pistas máis coa intención de incrementar a súa capacidade dos 60 aos 80 millóns de pasaxeiros anuais e para poder manexar seis millóns de toneladas de carga.
O aeroporto de Pudong é o terceiro do mundo en termos de carga, con 3,4 millóns de toneladas en 2016. Nese mesmo ano pasaron polas súas instalacións 66 002 414, sendo o segundo aeroporto máis concorrido da China, o quinto de Asia e o noveno do mundo.
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]Carga
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Shanghai Daily (ed.). "4th Pudong runway opens in March". Consultado o 19 de decembro de 2017.
- ↑ "Air China adds Shanghai – Bangkok service in W17". routesonline. Consultado o 6 September 2017.
- ↑ http://news.xinhuanet.com/english/2017-05/06/c_136260699.htm
- ↑ https://www.rappler.com/business/174980-china-eastern-airlines-clark-airport-pampanga
- ↑ http://www.routesonline.com/news/38/airlineroute/273230/china-eastern-adds-jakarta-flights-from-july-2017/
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "China Eastern adds Shanghai – Cebu route in 3Q17". routesonline.com.
- ↑ "Delta to expand trans-Pacific service with nonstop Shanghai-Atlanta flight". news.delta.com. Consultado o 2017-07-19.
- ↑ 8,0 8,1 http://www.routesonline.com/news/38/airlineroute/274585/delta-resumes-atlanta-shanghai-service-in-late-july-2018/
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "Hainan Airlines plans Shanghai – Brussels resumption in Sep 2017". routesonline.com.
- ↑ airlineroute (28 May 2017). "From Shanghai Pu Dong, Hainan Airlines to operate 3 weekly flights each to Tel Aviv from 12 September 2017, Brussels from 25 October 17". twitter.
- ↑ "Hainan Airlines to launch Tel Aviv-Shanghai flights". globes. Consultado o 2017-05-29.
- ↑ "Juneyao Airlines plans Cebu service from Oct 2017". routesonline. Consultado o 31 July 2017.
- ↑ "Juneyao Airlines plans Kalibo service in W17". routesonline. Consultado o 14 August 2017.
- ↑ http://www.thejakartapost.com/travel/2017/07/31/lion-air-connects-shanghai-to-manado.html
- ↑ "Thai Lion Air adds new scheduled charter service to China from late-Sep 2017". routesonline. Consultado o 2 October 2017.
- ↑ "Vietnam Airlines Adds Nha Tang – China Routes in S15". Consultado o 1 June 2015.
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "Vietnam Airlines S17 Phu Quoc – Shanghai service changes as of 12MAY17". routesonline.com.
- ↑ GmbH, DVV Media Group. "Air China Cargo lands at Liege Airport ǀ Air Cargo News". www.aircargonews.net.