Adopción por parellas homosexuais
A adopción por parte de parellas homosexuais é legal en Bélxica, os Países Baixos, Suecia, Suráfrica, España, Islandia o Reino Unido e en certos territorios do Canadá e os Estados Unidos. Dinamarca, Francia, Alemaña e Noruega permiten a adopción do fillo do outro membro dunha parella de feito ou unión civil.
Dende a regulación do matrimonio entre persoas do mesmo sexo contémplase esta posibilidade tamén no Estado Español. Anteriormente diversas comunidades autónomas xa permitían a adopción conxunta ás parellas de feito. España foi dos primeiros estados nos que se acadou a igualdade total en materia de matrimonio e adopción para as parellas homosexuais; cando entrou en vigor a nova lexislación española, o 3 de xullo de 2005, as leis holandesas aínda non permitía ás parellas homosexuais adoptar nenos estranxeiros.