Saltar ao contido

Acqui Terme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAcqui Terme
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 44°40′34″N 8°28′07″L / 44.6761, 8.4686
PaísItalia
RexiónPiemonte
ProvinciasProvincia de Alessandria Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalAcqui Terme Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación18.967 (2023) Editar o valor en Wikidata (569,58 hab./km²)
Xeografía
Superficie33,3 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude156 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Alice Bel Colle (pt) Traducir
Strevi (pt) Traducir
Terzo (pt) Traducir
Visone (pt) Traducir
Carpeneto (pt) Traducir
Ricaldone (pt) Traducir
Melazzo (pt) Traducir
Montabone (pt) Traducir
Castel Rocchero (pt) Traducir
Cavatore (pt) Traducir
Grognardo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Santo padrónGuido of Acqui (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15011 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0144 Editar o valor en Wikidata
Identificador ISTAT006001 Editar o valor en Wikidata
Código catastral italianoA052 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webcomune.acquiterme.al.it Editar o valor en Wikidata

Acqui Terme é unha comuna italiana da provincia de Alessandria, Piemonte. 19 183 habitantes, situada a 156 metros de altitude. A economía da cidade depende en gran medida do turismo xerado polas termas.

En orixe foi un asentamento ligur fundado co nome de Caristum. A cidade foi conquistada polos romanos no 173 a.C. polo cónsul Marco Popilio Lenate, reconstruída co nome de Aquae Statielle como cidade romana. No 109 a.C. aumenta a súa importancia económica cundo foi construída a vía Aemilia Scaurii. A súa importancia prosegue cando menos ata o século II, grazas ás súas termas, consideradas entre as mellores do Imperio.

Coa fin do Imperio romano Acqui sofre un longo período de decadencia, conquistada polos longobardos, forma parte do ducado de Asti.

Dende o 978 o emperador Odón II outorga o goberno da cidade ao bispo. No 1278 únese ao marquesado de Monferrato.

Arquitectura

[editar | editar a fonte]

Catedral de Santa María Assunta fundada no 989 e consagrada no 1067, é un edificio de cruz latina de cinco naves. Do estilo románico consérvanse as ábsidas e a cripta. Entre o século XVI e o XIX renóvase a decoración interna.
Castelo dos Paleólogos, hoxe sede do museo arqueolóxico, construído no 1056, reconstruído na forma actual no XV por Guillerme VII de Monferrato.
Igrexa da Adoración fundada no século VII polos longobardos. Fondamente transformada no XVIII, quedan da igrexa orixinal a nave principal, as ábsidas e o campanario restan da igrexa orixinal.
Igrexa de San Francisco, neoclásica, fachada con gran tímpano .

Galería fotográfica

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]