Abres, A Veiga
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Asturias | |||
Provincia | provincia de Asturias | |||
Concello | A Veiga | |||
Poboación | ||||
Poboación | 187 (2018) (17,83 hab./km²) | |||
Número de fogares | 128 (2001) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 10,49 km² | |||
Bañado por | río Eo | |||
Altitude | 70 m-37 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 33779 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 33074010000 | |||
Abres[1] é unha parroquia do concello asturiano da Veiga. Nos seus 10,49 km²[2] habitan un total de 187 persoas (segundo datos de 2017), repartidas entre as poboacións de Abres e Refoxos. Está a uns 70 metros de altura sobre o nivel do mar. Atópase na marxe dereita do río Eo, no límite máximo de alcance das mareas do mar Cantábrico, razón pola que o tramo baixo do río se denominou durante séculos "ría de Abres". De feito, na beira esquerda do río, xa en Galiza, atópase a parroquia da Ría de Abres, do concello lucense de Trabada.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Localidades
[editar | editar a fonte]Número | Nome | Poboación (2017) | % Poboación de Abres |
---|---|---|---|
1 | Abres | 143 | 76,47% |
2 | Refoxos | 44 | 23,53% |
Lugares
[editar | editar a fonte]- A Abraira
- A Alameda
- A Alcandra
- A Arnela
- Bustelo
- O Canaval
- Os Cantos
- O Casal
- A Casanova
- A Chimpada
- A Curuxa
- A Curuxa de Baixo
- A Curuxa de Riba
- A Entreseca
- A Ferraría
- A Forxa
- Grandamiá
- Llanderrozos
- O Marquín
- A Mundiña
- O Pao da Cruz
- O Pebidal
- A Pedreira
- O Penedo
- A Ponte
- Pumardeveiga
- O Rego da Pía
- A Rúa
- A Sela de Murias
- A Torre
- O Valdavila
- A Veigadouria
- Viladonga
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Igrexa parroquial de Santiago de Abres
[editar | editar a fonte]Dedicada ao Apóstolo, de estilo barroco do século XVIII. Ten pórticos aos pés e espadana de dous ollos. Conserva varios retablos da mesma época da edificación, ademais de dúas imaxes de Santiago, cabaleiro e peregrino. Coñecida como «templo de asilo» desde 1774. No libro da Confraría do Sacramento e do Rosario que se custodia no seu arquivo, consérvase unha bula do Papa Pío VI, datada no ano 1794, pola que se concedía indulxencia plenaria a quen acudise alí[3]:
«Una vez confesado y comulgado en el día de la festividad del mismo Santiago Apóstol, desde sus primeras vísperas hasta el ocaso del sol y allí rezasen a Dios Nuestro Señor por la paz y la concordia entre los Príncipes Cristianos, extirpación de las heregías y demás necesidades de la Iglesia»
Castelo de Pividal ou de Miranda[4]
[editar | editar a fonte]Na zonna alta de Abres podemos atopar o Castelo de Pividal cun impoñente torreón almenado. O Palacio é o protagonista dun recinto amurallado e nel destaca o seu blasonada fachada de gusto Barroco, en cuxo frontón figura a data de construción do inmoble: 1674. Conta o recinto con capela, na que se garda a imaxe dunha curiosa advocación moi estendida por toda a conca do EO. Trátase de María da O e é un dos poucos exemplos que se coñecen da Virxe embarazada; do século XVII, a imaxe componse da talla da virxe e unha máis pequena do Neno apoiado no seu ventre. No 2003 foi adquirida polos seus actuais propietarios.
O Cristo da Ponte
[editar | editar a fonte]No lugar da Ponte, existía unha pequena capela que custodiaba unha figura de Cristo na cruz (s. XVII), á que a xente do lugar chama o Cristo da Ponte, imaxe que os peregrinos e camiñantes veneraban antes de cruzar o río Eo e entrar en Galicia. Actualmente esta figura inda existe e pódese observar en bo estado ó pasar polo lugar.
O Dicionario xeográfico-estatístico-histórico de España e as súas posesións de Ultramar de Pascual Madoz fíxose eco da existencia do paso, debido a que preto de tres dos seus piares construíuse unha presa para embalsar a auga que abastecía a tres muíños asentados na zona.
Personaxes ilustres
[editar | editar a fonte]Cándido Sanjurjo Fernández (1919 - 2010), escritor nado no barrio da Ponte en Abres.
Álvaro Fernández Fernández (1880 - 05/01/1988), naceu na parroquia de San Martín de Mohías no concello de Coaña. Estudou teoloxía en Sevilla, filosofía en Mondoñedo e latín en Navia. Ordenouse sacerdote en 1906. Desde 1920 era o titular das parroquias de Santiago de Abres e Guiar, en Asturias, e Ría de Abres en Trabada. Está soterrado no cemiterio parroquial de Santiago de Abres.
No momento do seu falecemento ós 107 anos chegou a ser o cura en activo máis lonxevo de España [5] e do mundo[6]
"Mi longevidad no tiene mayor secreto. Siempre he sido hombre y medio de fuerza. Echando un pulso no tenía rival y en mi juventud era capaz de levantar 50 kilos con los dientes. No he tenido vicios: ni fumar ni beber. Sólo jugar a los bolos, y a eso ganaba siempre".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Topónimos oficiais do concello da Veiga" (PDF). sede.asturias.es. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de decembro de 2023. Consultado o 4 de novembro de 2021.
- ↑ Diccionario Geográfico de Asturias. Oviedo: Editorial Prensa Asturiana, S.A. 2000.
- ↑ "Por Santiago de Abres (Vegadeo)". Asociación Astur-Leonesa de amigos del Camino de Santiago. Consultado o 13/03/2023.
- ↑ "Palacios y Casonas". Concejo de Vegadeo. Consultado o 13/03/2023.
- ↑ "Don Álvaro, siempre vivo en Abres". La Nueva España. 07/01/2013. Consultado o 14/03/2023.
- ↑ "Álvaro Fernández, párroco de Abres". 06/01/1988. Consultado o 14/03/2023.