Saltar ao contido

20 de abril (canción)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«20 de abril»
Canción de Celtas Cortos
Lanzamento {{{lanzamento}}}
Formato
Gravada 1991
Xénero musical {{{xénero}}}
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 3:53
Discográfica Discos Radiactivos Organizados
Produtor(es) Juan Ignacio Cuadrado
Escritor(es) Jesús Cifuentes, Nacho Martín
Cronoloxía
«¿Qué voy a hacer yo?» «20 de abril» «Cuéntame un cuento»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"20 de abril" é unha canción da banda española Celtas Cortos, do seu disco Cuéntame un cuento. Ten unha duración de 3 min 53 seg.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Escrita a modo de carta do autor a unha vella amiga, rememorando con nostalxia os bos momentos vividos noutrora co seu grupo de amigos da mocidade.[1] A canción fala dunha fin de semana do pasado que transcorreu na Cabaña de El Turmo e que se identificou cun albergue existente na localidade de Benasque (provincia de Huesca).[2] Porén, o autor, Jesús Cifuentes, desvelou que a letra non está baseada nunha historia real. Foi composta namentres que exercía como asistente social na localidade de El Tiemblo.[3]

O título da canción alude á primeira frase da canción, que reproduce o que se supón que é o encabezado da carta: 20 de abril del 90 (1990). Con todo, a canción escribiuse en 1991.[4]

O tema foi número un na lista elaborada pola cadea de radiofórmula Los 40 Principales a semana do 18 de abril de 1992. A repercusión foi tal que o Grupo Municipal de Izquierda Unida no Concello de Valladolid, presentou unha proposta -que non foi adiante- para que o nome da rúa José Antonio Primo de Rivera pasase a chamarse 20 de abril.[5]

25º aniversario

[editar | editar a fonte]

O 20 de abril de 2015, coincidindo co 25º aniversario do día desa canción, tivo lugar en España unha onda nostálxica, quer nas redes sociais quer nos medios de comunicación tradicionais, evocando o tema, que chegou a se converter en trending topic.[6] Chegaron mesmo a facerse parodias da letra e eventuais respostas á carta da canción.[7]

Versións

[editar | editar a fonte]

O tema foi versionado polos grupos Amaral, Nomadi -en lingua italiana- ou o galego Siniestro Total.[8]

  1. "Cuéntame un cuento". Lafonoteca (en castelán). 12 de novembro de 2010. Consultado o 2 de xuño de 2015. 
  2. "20 de Abril del 90". M80 Radio. 20 de abril de 2015. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2017. Consultado o 2 de junio de 2015. 
  3. "25 años del 20 de abril de Celtas Cortos". Europa Press. 20 de abril de 2015. Consultado o 2 de xuño de 2015. 
  4. "'20 de abril del 90' cumple 25 años". El Mundo. 20 de abril de 2015. Consultado o 2 de xuño de 2015. 
  5. "La canción "20 de abril del 90", un cuarto de siglo de melancolía de Celtas Cortos". eldiario.es. 20 de abril de 2015. Consultado o 2 de xuño de 2015. 
  6. "Celtas Cortos, estrellas por accidente del 20 de abril". Diario Crítico. 20 de abril de 2015. Consultado o 2 de xuño de 2015. 
  7. "La chica de '20 de abril del 90' al final contestó al Cifu y tenemos la carta". GQ. 20 de abril de 2015. Consultado o 2 de xuño de 2015. 
  8. Elena Santos; Arturo Bracero (20 de abril de 2015). "'20 de abril' cumple 25 años: un homenaje a la canción en emojis". The Huffington Post. Consultado o 2 de xuño de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]