Saltar ao contido

Ópera da Bastilla

Ópera da Bastilla
Coordenadas48°51′07″N 2°22′14″L / 48.851944444444, 2.3705555555556
editar datos en Wikidata ]

A Ópera da Bastilla é un teatro de ópera situado na praza da Bastilla en París, deseñado por Carlos Ott e inaugurado en 1989. É a sede da Opera Nacional de París que comparte coa Ópera Garnier.

O presidente francés François Mitterrand decidiu en 1982 a construción dun novo teatro de ópera en París, que complementase a xa antiga Ópera Garnier.

A antiga estación da Bastilla, lugar onde se construíu da Ópera da Bastilla.

En 1983 abriuse un concurso para designar o arquitecto, o elixido foi o arquitecto uruguaio Carlos Ott, que deseñou un edificio moderno cunha sala principal con 2.723 asentos,Ima cada un cunha vista sen restricións do escenario. Os traballos comezaron en 1984 coa demolición da Gare de la Bastille e remataron en 1989, a capacidade da sala principal é de 2.723 asentos, e cada un cunha vista sen restricións do escenario. Inaugurouse o 13 de xullo de 1989, con motivo do bicentenario da toma da Bastilla, cun espectáculo posto en escena por Bob Wilson, La Nuit avant le jour, mais as representacións regulares non principiaron ata o 17 de marzo o de 1990 con Les Troyens de Berlioz.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]