Volcano Suns
Volcano Suns | |
---|---|
Pete Prescott | |
Orixe | Boston, Massachusetts, |
Período | 1984 - 1991 2005 |
Xénero(s) | rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | SST Records, Homestead Records, Quarterstick Records |
Membros | Peter Prescott Bob Weston David Kleiler Gary Waleik Steve Michener Jeff Weigand Jon Williams Chuck Hahn |
Artistas relacionados | Mission of Burma, Big Dipper, Shellac, Dredd Foole and the Din, Kustomized |
Na rede | |
http://www.myspace.com/volcanosuns | |
Volcano Suns foi unha banda estadounidense de rock alternativo procedente de Boston, Massachusetts, e formada polo batería de Mission of Burma, Peter Prescott, no ano 1984.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A banda formouna na primavera de 1984 o antigo batería de Mission of Burma e Molls Peter Prescott, sendo o único membro orixinal de Volcano Suns que quedaba cando o grupo separouse en 1991.[1][2] Os outros membros orixinais eran Gary Waleik e Steve Michener, que marcharían despois duns poucos meses, antes do lanzamento do primeiro álbum do grupo, para formar Big Dipper.[1][3] Prescott incorporou entón a Jeff Weigand ao baixo e a Jon Williams á guitarra. Esta segunda formación creou o álbum de estrea da banda, The Bright Orange Years (1985), ademais do segundo, All-Night Lotus Party (1986), ámbolos dous editados a través do desaparecido selo Homestead Records.[1] En 1987 Bob Weston e Chuck Hahn substituíron a Weigand e Williams respectivamente para gravar Bumper Crop, o seu derradeiro álbum con Homestead.[1][4] No traballo tamén colaboraron Roger Miller tocando o piano e Gary Waleik o sitar.
En 1988 a banda asinou co selo de Greg Ginn SST Records para publicar o seu cuarto álbum, Farced.[1] A formación foi a mesma que no seu anterior traballo, incluíndo a Miller no piano e a Waleik no sitar. No ano 1989 chegou o seu lanzamento máis experimental, Thing of Beauty, tamén a través de SST, no cal David Kleiler (anteriormente na banda Sorry) substituíu a Chuck Hahn na guitarra.[5] Esta sería a derradeiros formación de Volcano Suns. A bands moveuse ao selo independente baseado en Chicago Quarterstick Records para editar o seu derradeiro álbum en 1991, Career in Rock.[1] O disco foi gravado por Steve Albini, que posteriormente traballaría con Bob Weston en Shellac.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
The Bright Orange Years | 1985 | Homestead Records |
All-Night Lotus Party | 1986 | Homestead Records |
Bumper Crop | 1987 | Homestead Records |
Farced | 1988 | SST Records |
Thing of Beauty | 1989 | SST Records |
Career in Rock | 1991 | Quarterstick Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Strong, Martin C. (2003) The Great Indie Discography, Canongate, ISBN 1-84195-335-0, p. 559
- ↑ Coley, Byron (xaneiro de 1987). "Under the Volcanos". Spin: 53–54.
- ↑ Klein, David (2009-02-25). "Even with two lauded reissues, Volcano Suns ducks fame". INDY Week (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-20.
- ↑ "Bumper Crop - Volcano Suns | Songs, Reviews, Credits". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-11-20.
- ↑ "Thing of Beauty - Volcano Suns | Songs, Reviews, Credits". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-11-20.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- [ Páxina da banda]