Televisión
O termo televisión reférese ao sistema electrónico de transmisión de imaxes e son de forma instantánea, así como ao medio de radiodifusión de imaxe e son a través de ondas electromagnéticas.
Funciona a partir da análise e conversión da luz e do son en ondas electromagnéticas e da súa reconversión nun aparello que recebe o mesmo nome do sistema ou pode tamén chamarse televisor ou aparello de TV . O aparello de TV capta as ondas electromagnéticas e a través dos seus compoñentes internos convérteas novamente en imaxe e son.
Etimoloxía
A palabra televisión ven do grego tele, lonxe + visión, televisión quer dicir «ver lonxe».
Día Mundial da Televisión
O 17 de decembro de 1996, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 21 de novembro como o Día Mundial da Televisión, como conmemoración do día en que se celebrou, en 1996, primeiro Foro Mundial de Televisión das Nacións unidas.
Historia
O primeiro sistema semimecánico de televisión analóxica demostrouse en febreiro de 1924 en Londres por John Logie Baird cunha imaxe do deseño animado Felix the Cat e, posteriormente, imaxes en movemento en 30 de outubro de 1925. Un sistema electrónico completo demostrouse por Philo Taylor Farnsworth en 1927. O primeiro servizo regular de televisión, en analóxico, foi a W2XB, popularmente coñecida como WGY en Schenectady, Nova York, inaugurado en 11 de maio de 1928.
Os primeiros aparellos de televisión eran radios cun dispositivo que consistía nun tubo de neon cun disco xiratorio mecánico (disco de Nipkow) que producía unha imaxe vermella do tamaño dun selo postal. O primeiro servizo de alta definición apareceu na Alemaña en marzo de 1935, mais estaba dispoñíbel apenas en 22 salas públicas. Unha das primeiras grandes transmisións foi a dos Xogos Olímpicos de 1936, en Berlín. O uso da televisión aumentou nos Estados Unidos enormemente despois da Segunda Guerra Mundial debido aos avances tecnolóxicos xurdidos coa guerra e á renda adicional dispoñíbel (aparellos de TV nos anos 30 custaban o equivalente a US$ 7000 actuais (2001) e había pouca programación dispoñíbel)., e xa para 1960 nese país a televisión desprazou ao cine como principal medio de entretemento[1]
A televisión en cores surxiu en 1954, na rede americana NBC. Un ano antes o goberno americano aprobou o sistema de transmisión en cores proposto pola CBS, mais cando a RCA presentou un novo sistema que non exixía alteracións nos aparellos antigos en negro e branco, a CBS abandonou a súa proposta en favor da nova.
Tipos de aparellos
A televisión na súa forma orixinal e ata hoxe máis popular, envolve a transmisión de son e imaxes en movemento por ondas de radiofrecuencia (RF), que se captan por un receptor (o televisor). Neste sentido, é unha extensión do radio.
Actualmente, a televisión moderna divídese en tres tendencias distintas:
- Aparellos de TV soamente.
- sistemas integrados con aparellos de DVD e/ou videocasetes VHS montados no propio televisor (xeralmente modelos menores con pantallas ata 17 polgadas, pois a idea é ter un sistema portátil completo);
- sistemas independentes con pantalla grande (monitor de vídeo, radio, sistema de son) para o usuario montar as pezas como un home theater. Este sistema interesa aos videófilos e cinéfilos que prefiren compoñentes que poden trocarse separadamente.
Hai varios tipos de monitores de vídeo usados en equipamentos de TV modernos. O máis común son os CRTs para ata 40 polgadas diagonais. A maior parte das TVs de pantalla grande (ata máis de 100 polgadas) usa tecnoloxía de proxección. Tres tipos de sistemas de proxección úsanse en TV: Tubos de raios catódicos (CRT), LCD (cristal líquido) e circuítos integrados (chips ) de imaxe reflectida. Avances recentes trouxeron pantallas planas ás TVs que usan tecnoloxía de cristal líquido LCD de matriz activa ou Displays de plasma. TVs de pantalla grande e plana teñen apenas 4 polgadas de espesura e poden pendurarse na parede como un cadro. Elas son moi atraentes e economizan espazo, mais aínda custan moito.
Teledifusión
Hai varios tipos de sistemas de teledifusión:
- Televisión terrestre
- Sistemas de transmisión do son
- NICAM, MTS.
- Vía satélite usando sinal dixital.
- TV por cable
- hai tanto sistema analóxico canto dixital.
- Novas tecnoloxías: Televisión dixital (DTV) -- TV de Alta Definición (HDTV) -- Pay-per-view -- Web TV -- programación baixo encomenda.
Programación é a transmisión nas estacións de televisión (por veces chamada de canais) que son frecuentemente dirixidos a unha determinada audiencia. Hai moitas noticias, deporte (deportes), estacións de filmes e estacións tales como as cadeas da MTV e da BBC que son vistas por diversos países.
Nos EUA, as redes de TV producen programas primetime (horario nobre) para as súas emisoras afiliadas vehicularen entre 19:00 e 22:00. Fóra do horario de máxima audiencia, a maior parte das emisoras teñen a súa programación de produción propia.
Notas
- ↑ Jeremy G. Butler "Television: critical methods and applications", páxina 12
Bibliografía
- Erik Barnouw: Tube of Plenty: The Evolution of American Television, Oxford University Press 1992.
- Guy Debord: The Society of the Spectacle
- Jerry Mander: Four Arguments for the Elimination of Television, Perennial 1978